BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

21.12.12

Felices Festas!


Bo Nadal!...





... e feliz ano 2013!


Postal elaborada por Mauro

Nadal 2012

Hoxe foi un día diferente: 

Comezamos a mañá facendo un debuxo para os RRMM, que viñeron ao cole a facernos a súa visita habitual de todos os anos. Con moitos nervios e cara de bós, fomos á biblio, falamos con eles e fixemos unha foto de recordo, logo de entregarlles os nosos debuxos e darlles as grazas polos caramelos que nos deron.




Á volta, e logo dun longo recreo de fin de trimestre, voltamos á clase para desfrutar da "Merendola de Nadal". Comimos, bailamos, charlamos, e rematamos cunha sesión de panxoliñas seguida de actuacións varias a cargo dos nosos compis, que nos ofreceron dende cancións diversas ata demostracións de ballet, chistes e incluso exhibicións de capoeira, modalidade que parece ter moito éxito entre os nosos chicos.




Patricia e Lucía, as 
profes de prácticas, despedíronse hoxe de nós. Ímolas botar moito de menos; a ver se se animan e veñen facernos unha visita antes de que remate o curso. Onte trouxéronnos caramelos!  Moitas grazas!




 E non debemos esquecer que onte tamén recibimos un premio, correspondente ao concurso de postais do cole. Mauro e Isaac foron os nosos representantes na entrega de premios que tivo lugar na biblio. Conseguimos un par de libros e un boli moi chulo que será destinado para uso exclusivo do neno/a a quen lle toque ser encargado cada día.



Damos pois por iniciadas as festas do nadal!



17.12.12

Mochila viaxeira





A semana pasada a mochila viaxeira viaxou á casa de Miguel, e cal foi a nosa sorpresa ao descobrir que á súa volta traía con ela a unha nova amiguiña: esta xoaniña tan ben feitiña que fixeron Miguel e o seu irmán maior. Será amiga da nosa xoaniña Juanita? Quen sabe!

Moitísimas grazas, David, eres un artista ...
 
...e o regalo encantounos!

Un bico enorme!

15.12.12

Taller de escritura











Agora que imos dominando o tema da lectura comenzan a xurdir as primeiras " inquietudes literarias".





Mirade que dous contos tan bonitos escribiron hoxe Nicolás e Mario. Logo de colorear a Dora a exploradora e ao seu mono Botas, a profe dixo: " Pois agora escribe un conto por detrás",  
e iste foi o resultado:







14.12.12

Mirando o ceo...




Revisando as fotos da cámara atopamos unhas que tiñamos olvidadas; o mércores pasado, o ceo regalounos este precioso arco da vella que puidemos contemplar dende a entrada principal do cole; estaba completo, de lado a lado, e chegou a facerse dobre por uns instantes.

Encantounos!



Concerto de Nadal



Que ben o pasamos no concerto de hoxe!

O conservatorio encheuse de nenos/as dos coles da zona, e todos xuntos cantamos unha panxoliña acompañando aos membros da coral de Culleredo, pero o máis divertido foi cando puidemos subir ao escenario a tocar instrumentos de percusión... fixádevos nos afortunados que probaron a experiencia, seguro que coñecedes a algún deles...







11.12.12

En clase de inglés...


Atención, atención!

Mirade que ben cantamos en inglés!; é unha canción que nos aprendeu a profe Lola, e que nos gusta moito, así que queremos compartila con todos vos.





Ben merecemos os aplausos... non sí?

4.12.12

A noite estrelada II

Lembrades a nosa versión da noite estrelada de Van Gogh?

Lembrades que quedamos en repetir a actividade pero empregando cores frías en lugar de cores cálidas?

Pois eiquí vos deixamos o resultado ...



que vos parece? cal vos gusta máis?




28.11.12

Semana de actividades...


Vaia semana que levamos, e todavía estamos a mércores...!

O luns pasámolo moi ben cos contos que nos proxectaron no CGAI. Coincidimos con nenos e nenas doutro cole, e vimos cinco curtos de animación que nos gustaron moito. No enlace do CGAI podedes ver a referencia da proxección, e na páxina de 5 anos A ( mi aula de infantil ) atoparedes algúns dos vídeos que vimos. Grazas Loida!



O martes adicámolo a pintar CDs cunha centrifugadora de leituga! A idea foi da profe Loida, e gustounos tanto que nos puxemos mans á obra coa axuda da profe Patri.

 Mirade que chulos!


E... para que queremos CDs pintados?

Pois para facer buxainas como as que nos ensinou hoxe, mércores, o profe Luis. Son buxainas que debuxan soas, e con elas e a axuda dos profes Luis, Silvia e Patri hoxe practicamos o "deporte da buxainopintura"... 

divertisimo



E nada máis rematar, fomos á aula de informática onde nos agardaba outra sorpresa! Unha charla sobre educación vial na que recordamos cómo debemos comportamos na rúa e aprendimos algunha cousiña nova que non sabiamos. 








Grazas Carmen, volve cando queiras!









Ahh!, e estade atentos á prensa, que durante a charla veu un fotógrafo e tomou un par de fotos para publicar no xornal.

23.11.12

Os amigos de Tuyo



Agora que todos vos coñecedes persoalmente a Tuyo, podemos xa presentarvos aos seus amigos. Logo de darlles nome e facer as fotos correspondentes, estamos xa preparados para ensinarlles as nosas casas e facelos partícipes dos nosos xogos. 

Esperamos que desfrutedes moito con eles!





19.11.12

A Dragona Ramona



Mirade quen nos visitou hoxe! 

 Seguro que algúns de vós xa coñecedes á Dragona Ramona; pois hoxe veu visitarnos e contounos un conto de medo:

              o Papón.




Foi moi divertido; o conto era de medo pero nós pasámolo moi ben escoitando e axudando á dragona a contar a súa historia.

Ao rematar, despedíuse de nós porque ía a outro cole, a contarlle a outros nenos as aventuras dunha avoíña, as súas tres netas, e un Papón que todo o papaba...


Grazas, Dragona Ramona!

Volve cando queiras!

16.11.12

Magosto



Este ano houbo magosto con castañeiro!

As castañas estaban boísimas, e ainda que comemos moitas, souberon a pouco. 

E como nós tamén queremos ser castañeiros, aquí nos tedes, facéndonos pasar pola súa dona.

Boa fin de semana!










15.11.12

Isaac Díaz Pardo




Hoxe recibimos unha nova sorpresa de Bulebule.











Este curso adicarémolo a coñecer un pouquiño ao home que da nome ao noso cole, o señor Isaac Díaz Pardo, así que a nosa mascota da biblio amosounos unhas fotos para ensinarnos como era de pequeno e algunhas das cousas que fixo de maior.








Esto é o que aprendimos hoxe:




Seguro que pronto recibiremos máis noticias.

Grazas Bulebule!

8.11.12

Panadeiros por un día


Pero que ben o pasamos hoxe! Mira que é divertido  o oficio dos panadeiros!

Logo dunha pequena viaxe en autobús, que é algo que sempre nos gusta moito, fomos benvidos na panadería, onde agardaban por nós para que lles axudaramos a facer o pan do día. 

Alí traballamos moito, e se non o credes...  

mirade, mirade!





 Primeiro amasamos o pan.


Logo o pan foi ao forno, e namentras cocía aproveitamos para merendar!



E por último, collimos cadaquén o seu pan e despedímonos moi contentos polo ben que o pasamos.














Os nosos boliños todavía estaban quentes. 
Seguro que estaban boísimos, a que sí?

Bó proveito!

7.11.12

A noite estrelada

Hai uns días atopámonos cun puzzle misterioso...

eran diferentes pezas en folios brancos que tivemos que pintar coas cores do outono, pero non sabiamos que ía saír dalí, xa que era moi difícil averiguar de que debuxo se trataba.

As profes andiveron a remexer coas pezas, e hoxe, por fín, descobrimos o misterio. 

"É unha paisaxe... con lume?", "con moitos soles e unha lúa?", "e isas raias do ceo?". "Hai casas!"



Logo soubemos que se trata dun cadro que pintou Van Gogh, ese pintor do que xa falamos algunha que outra vez, pero o que el representou foi ...
a noite! 

"ahhh, eses non son sooles, son estreeelas!"


Falamos das cores frías e das cores cálidas, decatámonos de que non é lume, senón árbores o que vemos nun primeiro plano, e decidimos facer o puzzle de novo, pero a próxima vez usando cores frías, a ver que pasa.

E decidimos tamén poñernos mans á obra e pintar ao máis puro estilo impresionista, é dicir, coloreando directamente as formas, sen as debuxar con liñas primeiro. Non é tan doado como parece!


Mirade qué cadros tan bonitos saíron:


Podedes usar o cursor a modo de lupa para non perder detalle.


31.10.12




Coa entrega de premios do concurso de cabazas damos por rematada a celebración do Samaín no cole.  



Seguro que recoñecedes dúas das cabazas premiadas...


... pois sí, son as de Joel e a de Sheila, que levaron premio á mellor cabaza da aula, e premio á cabaza máis grande, respectivamente.


Noraboa aos dous, e grazas a todos os participantes polo seu esforzo e ilusión.

30.10.12

"A bruxa regañadentes"








Este foi o conto
terrorífico que nos contou hoxe a profe Patricia. Pensabamos que Tío Lobo daba moito medo, pero esta bruxa tan malvada tívonos en vilo durante todo o tempo que durou a historia. Gustounos moito, e ao final puidemos sorrir aliviados, ainda que  algo de medo sí que pasamos.




Deixámosvos o vídeo oficial do conto, pero... ollo!, que son dez minutos de tensión, non o poñades antes de ir para a cama!



Podedes atopar este vídeo na nosa sección de CONTOS

29.10.12

Cabazas, cabazas, cabazas,...


Hoxe foi un día divertido. Os corredores do cole enchéronse de cabazas, a cada cual máis bonita e orixinal.
O xurado tívoo moi dificil para escoller entre tantas, pero había que decidirse...
Mañán saberemos cales foron as afortunadas, e daremos unha volta para velas todas. Namentras, deixámosvos as fotos das presentadas na nosa clase.  Seguro que vos gustan todas. 







E coma sempre, moitas grazas pola vosa participación e polo voso tempo.

24.10.12

Mochilas viaxeiras



Hoxe Bulebule tíñanos reservada unha sorpresa: temos 
mochila viaxeira!










Trátase dunha proposta para o fomento da lectura que ofrece a posibilidade de desfrutar, durante unha semana, dunha selección de fondos da biblioteca acorde coa idade do grupo. 










A participación é voluntaria, e se algún de vós non se anima non ten máis que devolver a mochila con todo o seu contido ao dia seguinte, en lugar de quedar con ela durante toda unha semana. No caso de que vos animedes, debedes asinar e devolver á profe a ficha-compromiso, e disporedes de sete días para curiosear entre os materiais que a mochila contén. Ésta deberá volver ao cole ao seguinte mércores, e así poderemos continuar co préstamo semana tras semana.





Xunto cós  materiais, a mochila contén unha folla explicativa da actividade e outra na que se especifica o contido da mesma. Ademais hai un "diario da mochila" a vosa disposición; nel poderedes contar as vosas impresións sobre esta actividade, escribir, debuxar, ou calquera outra cousa que se vos ocurra ou vos apeteza compartir referente á mesma.




Agardamos que vos guste a idea!!!.

23.10.12

Chega o Samaín!



Xa queda pouco para a celebración do Samaín, así que estamos ambientando o cole. Hoxe fixemos un mural terrorífico para unha celebración terrorífica, e ao longo desta semana escoitaremos historias de medo e cancións medio de medo, medio de risa.
Mural para o corredor

E para os que non quedan moi tranquilos, non deixamos de recordar que os monstros e as pantasmas só existen nos contos e nas historias de medo... ou algún de vós viu algunha vez unha pantasma de verdade???

18.10.12

Ola de novo!



Despois de varios días sen poder actualizar debido a problemas técnicos, estamos de novo na rede. Nesta última quincena aconteceron moitas cousas, así que imos cun pequeno resumo para poñernos ao día:






Chegou o outono, e regalounos este bonito arco da vella que puidemos contemplar dende a ventá da nosa aula. 


Juanita acordouse de nós e deixounos un novo cadro: "A leiteira", de Jan Vermeer. Con el xogamos a pensar e descobrimos a este pintor holandés que gustaba de retratar as persoas realizando as  súas actividades cotiás. Na aula de informática vimos un vídeo no que se amosa a súa obra; a música non nos gustou moito, pero sí os cadros, sobre todo o da leiteira (por suposto) e as vistas de Delft, cidade natal do pintor.




Tuyo comenzou a darnos ideas de manualidades para facer durante as fins de semana. Hai que non dubidou en poñerse mans á obra, e velahí os resultados. Moitas grazas por compartilos con todos nós.



...e xa postos coas manualidades, vos informamos de que os calcetíns van tomando forma, e a clase estase a encher de habitantes de Caralania, país do que ven o noso amigo Tuyo. Pronto poderedes velos a todos. Deixámosvos un adianto. 





Ata pronto!