BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

26.3.10

Palabras no ar

O Luns 23 de novembro desprazámonos ata a aula de usos múltiples de O Burgo para participar na campaña de dinamización lingüística “Palabras no Ar”. Alí agardaban por nós Patricia e Pablo, contadores de contos musicais, contos máxicos que nos levaron de viaxe ata a lúa, e nos trouxeron de volta á terra na procura dunha mascota, logo de andar ás carreiras a fin de axudar a mamá galiña para que o seu poliño non afogara. Todo elo acompañados do son de diferentes instrumentos musicais, que daban vida ou ambiente as historias, e axudábannos a identificar incluso a personaxes tan peculiares coma os chibos chibóns, que eran tres: un pequeno, un grande, e outro máis grande se cabe…


O rato da Lúa chámase Paco.

Paco marchou á lúa porque lle tiñan dito que era

de queixo fresco. Meteuse nunha nave espacial e, …





Había unha vez un poliño que estaba comendo coa súa mamá galiña baixo unha abeleira. Nestas atragoouse cunha abelá e case afoga. Entón a mamá galiña correu á casa da ama:


-Ama, veña á abeleira a sacarlle ao meu poliño unha abelá.

Non se faga de rogar, que pode afogar.





Amelia entrou no salón. O seu pai estaba sentado na súa cadeira favorita lendo o xornal. “Papá”, dixo ela. “Estaba pensando...”.


O seu pai suspirou. «Cando Amelia pensa, seguro que hai problemas». Amelia continuou: “Papá, non poderiamos ter un can?”





Tres chivos vivían no alto dunha montaña: un era pequeño, outro mediano, e o terceiro era un chibón grande. Un día decidiron baixar e dirixirse ao outro lado do río para comer herba. Tiñan que cruzar una ponte, pero o malo era que alí vivía un trasno malvado… A herba era tan rica que os chivos decidiron enganalo. Cómo?...