Hai uns días atopámonos cun puzzle misterioso...
eran diferentes pezas en folios brancos que tivemos que pintar coas cores do outono, pero non sabiamos que ía saír dalí, xa que era moi difícil averiguar de que debuxo se trataba.
As profes andiveron a remexer coas pezas, e hoxe, por fín, descobrimos o misterio.
"É unha paisaxe... con lume?", "con moitos soles e unha lúa?", "e isas raias do ceo?". "Hai casas!"
Logo soubemos que se trata dun cadro que pintou Van Gogh, ese pintor do que xa falamos algunha que outra vez, pero o que el representou foi ...
a noite!
"ahhh, eses non son sooles, son estreeelas!"
Falamos das cores frías e das cores cálidas, decatámonos de que non é lume, senón árbores o que vemos nun primeiro plano, e decidimos facer o puzzle de novo, pero a próxima vez usando cores frías, a ver que pasa.
E decidimos tamén poñernos mans á obra e pintar ao máis puro estilo impresionista, é dicir, coloreando directamente as formas, sen as debuxar con liñas primeiro. Non é tan doado como parece!
Mirade qué cadros tan bonitos saíron:
Podedes usar o cursor a modo de lupa para non perder detalle.
2 comentarios:
Que bonito!! Quedou un cadro "impresionante".
Gustoume moito esta actividade, vexoa moi creativa, intuitiva, impactante... creo que debeu causar moito "impacto"
Non tardaremos moito en repetila coas cores frías; xa veredes que cambio nas impresións que produce.
Publicar un comentario