BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

22.11.11

     A semana pasada Bulebule propúxonos traballar en cada aula algún dos dereitos dos nenos/as, para facer entre tod@s unha exposición común. Na clase de Colorines falamos sobre o dereito á alimentación, e pensamos que se todos os nenos do mundo puideran ter unha horta na que sementar patacas, leitugas, tomates, etc... sempre disporían de ingredientes básicos para facer a comida. Este "cadro" foi o resultado da nosa reflexión.

E falando de hortas... esperamos retomar a nosa actividade agraria para o próximo trimestre.

Saudiños!

20.11.11

20 de novembro: Día Internacional dos dereitos d@s nen@s

Para as familias ...



... e para os nenos e nenas

11.11.11

Magosto 2011





O Magosto é a nosa festa       Ó redor dunha fogueira       Iste vindeiro novembro
  todos comen a fartar            bailamos un ano máis.         coa castaña outonal
castañas crúas, asadas,        Merendando, merendando,    todos xuntos e felices
e cocidas, non está mal.        caen as follas sen parar.           ímolo pasar ...


                     fenomenal !!!

9.11.11

Concurso de tartas



Rematou o concurso de tartas deste ano e velahí os resultados. 


Tartas presentadas polo alumnado da nosa clase

O gañador á tarta máis saborosa de entre as presentadas nas dúas clases de catro anos foi...

PABLO




Agradecemos a participación a tódalas familias que se animaron a colaborar. Déixovos, a continuación, un recordo de tódalas tartas presentadas.