BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

21.12.11

Bo Nadal!

Exame !!?

Exame, sí. Tratábase de facer cadanseu autorretrato, a lápis  e o mellor que sabemos. E ahí vai a pregunta: Quen é quen?







17.12.11

Tarsila do Amaral

Tarsila do Amaral, importante artista brasileira, gustaba moito de pintar paixases do seu país natal, empregando para elo cores alegres e formas xeométricas e planas. Nilo escolleu para nós a súa obra "EFCB" (Estación de Ferrocarril Central do Brasil), e amosounos unha pequena mostra da súa arte.

                                  

15.12.11

Préstamo de libros

Axudádenos a mellorar a nosa selección de libros de aula! Abrimos hoxe unha enquisa para que votedes polos vosos libros favoritos... de entre os que son de préstamo para casa. Podedes votar por mais de un, así que cando o libro prestado lle guste ao voso fillo/a podedes entrar de novo na enquisa e engadilo á vosa selección. Atoparedes a enquisa na columna lateral do blog. Tendes todo o curso para participar.


Animádevos.!!!

Papá Nöel

Vaia sorpresa! Mirade o vídeo que nos enviou Papá Nöel dende a súa casa, en Laponia.


5.12.11

Achégase o Nadal!

Na clase de Colorines comezamos hoxe a falar acerca do Nadal: adornos, doces, panxoliñas, festas, ... e por suposto, Papá Nöel e os RRMM. Logo dos nervios que provoca escoitar a palabra NADAL puidemos tranquilizarnos para poñernos a debuxar eses elementos navideños que tanto nos gustan. Cos debuxos feitos realizaremos unha montaxe navideña para a revista escolar que está a piques de saír. A ver como queda. Déixovos a continuación unha presentación cos debuxos recopilados.