BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

24.2.11

Na aula de informática

Todos os xoves subimos un ratiño á aula de informática. Ás veces vemos cousas interesantes na pantalla dixital, ou xogamos cos nosos dedos máxicos nela, e outras veces xogamos nos ordenadores e practicamos o manexo do rato.  



Os xogos que máis nos gustan son o do coello lector e o de Maisy.
 Hoxe, en cambio, vimos unha peli que fala de pingüíns. Ao mellor a coñecedes; forma parte da colección "El maravilloso mundo de los animales" de Disney.

21.2.11

O noso souto particular



souto:s.m. Terreo poboado de castiñeiros. SIN. castiñeira.

Diccionario da Real Academia Galega. 1ª Ed. A Coruña: RAG, Novembro 1997





17.2.11

Cuentolín


Hoxe recibimos a visita sorpresa de Cuentolín, un paiaso viaxeiro que coñece contos do mundo enteiro. Logo de falarmos dalgunhas das súas viaxes polo mundo, contounos unha historia moi divertida sobre Maruxa, unha muller á que non lle gustan nada, nada, nada as arañas. Rimos moito có conto, e despedímonos de Cuentolín con moita pena de que marchara.  
 Hai quen dí que é cuspidiño á profe Belén...  todo un misterio.

 

14.2.11

Florecen os tulipáns...

... deixando unha nota máis de color na nosa aula. Parece que van florecer cáseque todos, así que pronto poderedes coidalos nas vosas casas. Nós seguiremos tendo conta dos castiñeiros, dos que dentro de pouco tamén teredes novas.








1.2.11

Visita ao Aquarium

 De seguro que os vosos fillos/as xa vos contaron todo o que vimos o luns no Aquarium. Agora vouvos contar o que eu vin:





 Cariñas de sorpresa: Un buceador estaba aspirando as algas nas que viven os peixes !







Cariñas abraiadas:
      Había auga por todas partes.




Cariñas encantadas: As focas viñeron saudarnos.




Cariñas de admiración: Sen comentarios; este é Gastón.




Sabedes que nos atrevimos a tocar a un tiburón?