Comezamos a mañá facendo un debuxo para os RRMM, que viñeron ao cole a facernos a súa visita habitual de todos os anos. Con moitos nervios e cara de bós, fomos á biblio, falamos con eles e fixemos unha foto de recordo, logo de entregarlles os nosos debuxos e darlles as grazas polos caramelos que nos deron.
Patricia e Lucía, as
profes de prácticas, despedíronse hoxe de nós. Ímolas botar moito de menos; a ver se se animan e veñen facernos unha visita antes de que remate o curso. Onte trouxéronnos caramelos! Moitas grazas!
E non debemos esquecer que onte tamén recibimos un premio, correspondente ao concurso de postais do cole. Mauro e Isaac foron os nosos representantes na entrega de premios que tivo lugar na biblio. Conseguimos un par de libros e un boli moi chulo que será destinado para uso exclusivo do neno/a a quen lle toque ser encargado cada día.
Damos pois por iniciadas as festas do nadal!
3 comentarios:
Agora toca descansar... despois dun "duro" primer trimestre... e a esperar con ilusión eses regalos que tanto nos merecemos... (ou non?...)
Felices festas e mellor 2013!!!!!
Que, a pesar das tormentas, sigades traballando con tanta ilusión e ganas como ata agora!!!
Grazas Fátima!
Publicar un comentario