BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

27.1.11

Franz Marc

Hoxe falamos deste pintor alemán, que pintou moitos cadros de animais. Queredes probar a ver cantos identificades? Mirade atentamente, e se dubidades, preguntade aos vosos fillos/as.

24.1.11

Recordando a Papá Nöel

Rematou o Nadal, e foron moitas as emocións vividas durante eses días, entre outras, as visitas dalgúns persoeiros máxicos que disque pasaron polas casas deixando agasallos para todos. Como debuxar aos tres Reis Magos sería demasiado, decidimos quedarnos coa figura de Papá Nöel. Ahí tendes os nosos debuxos. A que agora se nos da mellor o arte de retratar?







18.1.11

Bonilla a la vista!

Como xa vos contarían os vosos fillos/as, gustounos moito a visita que fixemos á fábrica de patacas BONILLA. Alí vimos como se preparan as patacas fritidas de bolsa: ninguén as lava, ninguén as corta, van soíñas ata a freidora e métense soas nas bolsas!!! Eso sí, as máquinas fan bastante ruido.  Tendes a continuación un pequeno resumo de todo o proceso. Chamarémolo "Historia dunha pataca"








13.1.11

O encargado do día


 Dende hoxe xa temos encargado de clase. Cada día Tuli nos dí a quen lle toca ser o encargado/a. O afortunado/a ten que realizar algunhas tarefas específicas (actualizar rexistros, encargarse das luces, axudar á profe, ...) e goza do privilexio de ser o protagonista do día e ser o primeiro da fila!!!




 Cando actualizamos os rexistros, contamos os nenos e nenas que faltan, e sumamos     para saber cantos faltan en total.






Logo dicimos os días da semana, e tentamos acertar o día que toca; tamén hai que poñer o número de día do mes que corresponde, e contar ata ese número; se hai sorte nos toca un número baixiño, pero cando estamos nos últimos días de mes a cousa se complica un pouco e hai que estar moi concentrados. Aínda nos queda dar o parte meteorolóxico do día: hoxe chove?, hai sol?, vai frío?...








Para rematar, o noso encargado/a será o protagonista do día; unhas veces xogaremos coas letras do seu nome, outras falaremos das cousas boas que sabe facer, ou nos fixaremos nas súas características físicas... se cadra nos contará un conto ou... quen sabe o que se nos ocurrirá polo camiño!