Hoxe Bulebule tíñanos reservada unha sorpresa: temos
mochila viaxeira!
A participación é voluntaria, e se algún de vós non se anima non ten máis que devolver a mochila con todo o seu contido ao dia seguinte, en lugar de quedar con ela durante toda unha semana. No caso de que vos animedes, debedes asinar e devolver á profe a ficha-compromiso, e disporedes de sete días para curiosear entre os materiais que a mochila contén. Ésta deberá volver ao cole ao seguinte mércores, e así poderemos continuar co préstamo semana tras semana.
Xunto cós materiais, a mochila contén unha folla explicativa da actividade e outra na que se especifica o contido da mesma. Ademais hai un "diario da mochila" a vosa disposición; nel poderedes contar as vosas impresións sobre esta actividade, escribir, debuxar, ou calquera outra cousa que se vos ocurra ou vos apeteza compartir referente á mesma.
Agardamos que vos guste a idea!!!.
2 comentarios:
Pasámolo moi ben coa visita da mochila viaxeira...
Todos os días aprendimos e vimos cousas novas... algunhas gustaronnos moito: a revista, os versos e sobre todo, o libro de aprender a reciclar...
Ata outra mochila viaxeira!!! Espero que en todas as casas te acollan con tanta ilusión coma nós
Rui comentounos que lle gustou moito andar a remexer entre os contidos da mochila. Grazas por acollela con tanta ilusión e polas vosas aportacións ao diario da mochila. Tocouvos o máis dificil, a primeira entrega. Moitísimas grazas!
Publicar un comentario