Despois de varios días sen poder actualizar debido a problemas técnicos, estamos de novo na rede. Nesta última quincena aconteceron moitas cousas, así que imos cun pequeno resumo para poñernos ao día:
Chegou o outono, e regalounos este bonito arco da vella que puidemos contemplar dende a ventá da nosa aula.
Tuyo comenzou a darnos ideas de manualidades para facer durante as fins de semana. Hai que non dubidou en poñerse mans á obra, e velahí os resultados. Moitas grazas por compartilos con todos nós.
...e xa postos coas manualidades, vos informamos de que os calcetíns van tomando forma, e a clase estase a encher de habitantes de Caralania, país do que ven o noso amigo Tuyo. Pronto poderedes velos a todos. Deixámosvos un adianto.
Ata pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario