BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

23.10.12

Chega o Samaín!



Xa queda pouco para a celebración do Samaín, así que estamos ambientando o cole. Hoxe fixemos un mural terrorífico para unha celebración terrorífica, e ao longo desta semana escoitaremos historias de medo e cancións medio de medo, medio de risa.
Mural para o corredor

E para os que non quedan moi tranquilos, non deixamos de recordar que os monstros e as pantasmas só existen nos contos e nas historias de medo... ou algún de vós viu algunha vez unha pantasma de verdade???

18.10.12

Ola de novo!



Despois de varios días sen poder actualizar debido a problemas técnicos, estamos de novo na rede. Nesta última quincena aconteceron moitas cousas, así que imos cun pequeno resumo para poñernos ao día:






Chegou o outono, e regalounos este bonito arco da vella que puidemos contemplar dende a ventá da nosa aula. 


Juanita acordouse de nós e deixounos un novo cadro: "A leiteira", de Jan Vermeer. Con el xogamos a pensar e descobrimos a este pintor holandés que gustaba de retratar as persoas realizando as  súas actividades cotiás. Na aula de informática vimos un vídeo no que se amosa a súa obra; a música non nos gustou moito, pero sí os cadros, sobre todo o da leiteira (por suposto) e as vistas de Delft, cidade natal do pintor.




Tuyo comenzou a darnos ideas de manualidades para facer durante as fins de semana. Hai que non dubidou en poñerse mans á obra, e velahí os resultados. Moitas grazas por compartilos con todos nós.



...e xa postos coas manualidades, vos informamos de que os calcetíns van tomando forma, e a clase estase a encher de habitantes de Caralania, país do que ven o noso amigo Tuyo. Pronto poderedes velos a todos. Deixámosvos un adianto. 





Ata pronto!

4.10.12

Encargados do día

Esta semana comezamos por fin cos encargados do día, e o noso amigo Tuyo decidíu acompañalos a casa para que todos vós o poidades coñecer. Estamos seguros de que será benvido.


25.9.12

Encargados de mesa


... E para comezar, responsabilidades novas!

Este curso cadaquén coidará de parte do seu material. Os lápices, pinturas e "rotulas"  deixan de ser material colectivo e pasan a ser de uso "persoal e intransferible", e para iso nada mellor que organizarnos por mesas e ter un encargado en cada unha delas que reparta e supervise á hora de recoller.

Os encargados/as de mesa desfrutarán do seu cargo durante unha semana completa! Ao mesmo tempo, seguiremos nomeando encargado do día, que manterá os privilexios adxudicados en cursos anteriores: poñer os calendarios,  ir de primeiro/a na fila, ser o axudante da profe, levar algo (sorpresa!) para casa, ...

Deixámosvos o cartel dos encargados de mesa tal e como está hoxe. Qué vos parece?




19.9.12

Estades preparados?


Xa estamos xuntos de novo, e xuntos viaxaremos ao longo deste último curso na etapa de infantil. Estade ben atentos, que o tempo pasa...
 voando.