... E para comezar, responsabilidades novas!
Este curso cadaquén coidará de parte do seu material. Os lápices, pinturas e "rotulas" deixan de ser material colectivo e pasan a ser de uso "persoal e intransferible", e para iso nada mellor que organizarnos por mesas e ter un encargado en cada unha delas que reparta e supervise á hora de recoller.
Os encargados/as de mesa desfrutarán do seu cargo durante unha semana completa! Ao mesmo tempo, seguiremos nomeando encargado do día, que manterá os privilexios adxudicados en cursos anteriores: poñer os calendarios, ir de primeiro/a na fila, ser o axudante da profe, levar algo (sorpresa!) para casa, ...
Deixámosvos o cartel dos encargados de mesa tal e como está hoxe. Qué vos parece?
No hay comentarios:
Publicar un comentario