BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

14.3.11

A asamblea do día

Todos os días, logo do noso "tempo de lectura", xuntámonos nun recanto da aula para actualizar os calendarios e organizar a que vai ser a nosa actividade para a xornada.É un tempo que adicamos a falar de moitas cousas: do que imos facer hoxe, do que fixemos onte, da ferida que fixemos no parque, de que vimos a un compi no hiper, de que vai vir o avó a buscarnos, de porqué hoxe estamos tristes...

 Ás veces toca escoitar á profe, e ás veces non escoitamos nada porque estamos demasiado distraídos con quen sabe qué. Hai quen estaría a falar todo o rato, se poidera, e hai quen prefire pasar desapercibido e non contar nada se non lle preguntan, pero ao final todos acabamos contando cousas.

Agora que o curso vai avanzado e estamos afeitos a respectar os turnos de palabra comezan a aparecer as conversas entre compañeiros/as, e a profe ten que intervir cada vez menos. Eles pregúntanse cousas, opinan, responden... e enlazan con vivencias propias relacionadas có tema do que estamos a falar. E a profe escoita,          e sorrí.

10.3.11

Cambios de sitio

Dende o comenzo do curso a profe nos cambia de cando en vez de mesas, para que nos poidamos coñecer mellor e nos relacionemos con todos os nosos compañeiros de clase. Co último cambio de sitio cambiamos tamén a maneira de organizalo, e agora somos nós quen decidimos ónde sentar. A profe colle todas as fotos e, por orde, escollemos mesa, sempre e cando quede algún sitio libre nela. Hoxe houbo cambios e, a primeira en escoller foi... a encargada!

4.3.11

Desfile de entroido

Eiquí estamos, un tanto desconcertados ante o noso primeiro desfile de entroido no cole de maiores! Logo de tantos días falando do tema, por fin chegou o momento. Un pouquiño antes de saír apremian os nervios, os medos e a impaciencia. A profe dí que vai ser moi divertido, pero hai quen non está moi convencido. A ver que pasa.

Moitas grazas a todos os que botaron unha man durante o desfile, e en especial ás catro mamás "afortunadas" que axudaron e se disfrazaron con nós.


Biquiños dos pingüíns de Culleredo.


3.3.11

E o noso Antroido voltou falar...

   

 Pois ahí estamos!                              

2.3.11

E dixo o noso Antroido:




"O mércores temos que vir

vestidos do xénero cambiado.

Os nenos vestidos de nena

e as nenas vestidas de macho"




...e así foi...