Todos os días, logo do noso "tempo de lectura", xuntámonos nun recanto da aula para actualizar os calendarios e organizar a que vai ser a nosa actividade para a xornada.É un tempo que adicamos a falar de moitas cousas: do que imos facer hoxe, do que fixemos onte, da ferida que fixemos no parque, de que vimos a un compi no hiper, de que vai vir o avó a buscarnos, de porqué hoxe estamos tristes...
Ás veces toca escoitar á profe, e ás veces non escoitamos nada porque estamos demasiado distraídos con quen sabe qué. Hai quen estaría a falar todo o rato, se poidera, e hai quen prefire pasar desapercibido e non contar nada se non lle preguntan, pero ao final todos acabamos contando cousas.
Agora que o curso vai avanzado e estamos afeitos a respectar os turnos de palabra comezan a aparecer as conversas entre compañeiros/as, e a profe ten que intervir cada vez menos. Eles pregúntanse cousas, opinan, responden... e enlazan con vivencias propias relacionadas có tema do que estamos a falar. E a profe escoita, e sorrí.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario