Eiquí estamos, un tanto desconcertados ante o noso primeiro desfile de entroido no cole de maiores! Logo de tantos días falando do tema, por fin chegou o momento. Un pouquiño antes de saír apremian os nervios, os medos e a impaciencia. A profe dí que vai ser moi divertido, pero hai quen non está moi convencido. A ver que pasa.
Moitas grazas a todos os que botaron unha man durante o desfile, e en especial ás catro mamás "afortunadas" que axudaron e se disfrazaron con nós.
Biquiños dos pingüíns de Culleredo. |
2 comentarios:
Fixestes un traballo precioso, encántanos o disfraz, o desfile, os papás colaboradores, as profes blogueras e o espíritu do cole. Emocionante. Os familiares que foron ver o desfile tamén quedaron impresionados. Sodes moi traballadores e dende aquí agradecémolo moito. Ademáis do ben que o pasan os pequenos. Gracias.
Grazas, Carmen. Facémolo con ilusión; confiamos en que os rapaces o pasen ben, e de paso tamén desfrutamos nós.
Publicar un comentario