BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

22.3.13

No Pazo da Ópera

Hoxe sí que puidemos ir de concerto! No  Pazo da Ópera agardaba por nós o grupo "arcos iris", pertencente á orquestra sinfónica de Galicia, que nos levou de viaxe por distintos ritmos da música e ensinounos a diferenciar os principais instrumentos de corda e arco. Foi moi divertido. 


E como remate, ofrecéronnos unha versión do "cumpreanos feliz" adicado a todos aqueles nenos/as que hoxe están de cumpreanos. Aínda que Joel cumpre mañán, non quixemos desaproveitar a ocasión. Felicidades Joel!!!


http://www.arcosiris.es/

19.3.13




O venres recibimos unha nova visita dun grupo de nenas de 5º. Viñeron contarnos un conto moi curioso... como facer unha rica sopa con nada??? 

Temos que dicir que ao remate da historia a todos se nos facía a boca auga.  


Gústannos moito os vosos contos!

8.3.13

Cantas visitas!



Estes dous últimos días recibimos unha chea de visitas na clase!




Tal e como prometeran, un novo grupo de nenas de 5º viñeron contarnos outro divertido conto. Desta vez falaba dun rapaz que tiña que coidar dun bebé moi boíño. O problema xurdíu cando o bebé botouse a chorar porque tiña fame, e o neno non sabía que lle dar de comer para calmalo... 


Un final máxico! Gustounos moito!





























 Por outra banda, o 
profe Luis veu facer entrega dos diplomas pola participación no concurso de decoración de buxainas. Alan e Brais levaron mención especial polas súas creacións. Noraboa a todos os participantes! 



Na foto falta Raúl, que hoxe non puido vir á escola


E por último, hoxe viñeron Juan Alonso e Lorenzo, acompañados pola profe Amparo, para lernos algunhas curiosidades acerca de animais. Contáronnos cousas sorprendentes, como que os peixes de cores non teñen máis ca tres segundos de memoria, ou que os porcos non poden mover a cabeza cara arriba. Quedamos abraiados !!!



28.2.13

Contacontos!





Hoxe tivemos unha nova sorpresa! Un grupo de nenas de 5º viñeron contarnos un conto moi divertido que fala doutra nena que ten que tomar a sopa... pero a sopa queima, e haberá que facer algo para enfriala.

Fixéronno moi ben, e gustounos moito. Volvede cando queirades, que estaremos encantados de escoitar as vosas historias!
Graciñas polo conto! Encantounos!

25.2.13

Homenaxe a Rosalía


Hoxe fomos convidados á biblioteca para participar nunha homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento, e da conmemoración dos 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos". Os nenos/as de 6º recitáronnos algúns dos seus poemas, e logo, en clase, vimos en vídeo diferentes versións de dous dos máis coñecidos: "adiós ríos, adiós fontes" e " airiños, aires".


Deixámosvos as versións que máis nos gustaron.