25.2.13
Homenaxe a Rosalía
Hoxe fomos convidados á biblioteca para participar nunha homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento, e da conmemoración dos 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos". Os nenos/as de 6º recitáronnos algúns dos seus poemas, e logo, en clase, vimos en vídeo diferentes versións de dous dos máis coñecidos: "adiós ríos, adiós fontes" e " airiños, aires".
Deixámosvos as versións que máis nos gustaron.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
A Rui gustolle moito o día de hoxe. Estivemos falando sobre Rosalía e "recitoume" os seus versos de "Adiós ríos, adiós fontes". Ata fixemos un xogo e todo...
É unha forma diferente de achegar a poesía aos nenos e nenas, e sobre todo a poesía e a música na nosa lingua.
Graciñas Colorines
A verdade é que os nenos/as de 6º fixéronno moi ben. Houbo poemas recitados, algúns acompañados de música, e outros incluso cantados a ritmo de rock. Alégrame saber que lles gustou. Saudiños.
Publicar un comentario