BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

31.10.12




Coa entrega de premios do concurso de cabazas damos por rematada a celebración do Samaín no cole.  



Seguro que recoñecedes dúas das cabazas premiadas...


... pois sí, son as de Joel e a de Sheila, que levaron premio á mellor cabaza da aula, e premio á cabaza máis grande, respectivamente.


Noraboa aos dous, e grazas a todos os participantes polo seu esforzo e ilusión.

30.10.12

"A bruxa regañadentes"








Este foi o conto
terrorífico que nos contou hoxe a profe Patricia. Pensabamos que Tío Lobo daba moito medo, pero esta bruxa tan malvada tívonos en vilo durante todo o tempo que durou a historia. Gustounos moito, e ao final puidemos sorrir aliviados, ainda que  algo de medo sí que pasamos.




Deixámosvos o vídeo oficial do conto, pero... ollo!, que son dez minutos de tensión, non o poñades antes de ir para a cama!



Podedes atopar este vídeo na nosa sección de CONTOS

29.10.12

Cabazas, cabazas, cabazas,...


Hoxe foi un día divertido. Os corredores do cole enchéronse de cabazas, a cada cual máis bonita e orixinal.
O xurado tívoo moi dificil para escoller entre tantas, pero había que decidirse...
Mañán saberemos cales foron as afortunadas, e daremos unha volta para velas todas. Namentras, deixámosvos as fotos das presentadas na nosa clase.  Seguro que vos gustan todas. 







E coma sempre, moitas grazas pola vosa participación e polo voso tempo.

24.10.12

Mochilas viaxeiras



Hoxe Bulebule tíñanos reservada unha sorpresa: temos 
mochila viaxeira!










Trátase dunha proposta para o fomento da lectura que ofrece a posibilidade de desfrutar, durante unha semana, dunha selección de fondos da biblioteca acorde coa idade do grupo. 










A participación é voluntaria, e se algún de vós non se anima non ten máis que devolver a mochila con todo o seu contido ao dia seguinte, en lugar de quedar con ela durante toda unha semana. No caso de que vos animedes, debedes asinar e devolver á profe a ficha-compromiso, e disporedes de sete días para curiosear entre os materiais que a mochila contén. Ésta deberá volver ao cole ao seguinte mércores, e así poderemos continuar co préstamo semana tras semana.





Xunto cós  materiais, a mochila contén unha folla explicativa da actividade e outra na que se especifica o contido da mesma. Ademais hai un "diario da mochila" a vosa disposición; nel poderedes contar as vosas impresións sobre esta actividade, escribir, debuxar, ou calquera outra cousa que se vos ocurra ou vos apeteza compartir referente á mesma.




Agardamos que vos guste a idea!!!.

23.10.12

Chega o Samaín!



Xa queda pouco para a celebración do Samaín, así que estamos ambientando o cole. Hoxe fixemos un mural terrorífico para unha celebración terrorífica, e ao longo desta semana escoitaremos historias de medo e cancións medio de medo, medio de risa.
Mural para o corredor

E para os que non quedan moi tranquilos, non deixamos de recordar que os monstros e as pantasmas só existen nos contos e nas historias de medo... ou algún de vós viu algunha vez unha pantasma de verdade???