Esta semana comezamos por fin cos encargados do día, e o noso amigo Tuyo decidíu acompañalos a casa para que todos vós o poidades coñecer. Estamos seguros de que será benvido.
4.10.12
25.9.12
Encargados de mesa
... E para comezar, responsabilidades novas!
Este curso cadaquén coidará de parte do seu material. Os lápices, pinturas e "rotulas" deixan de ser material colectivo e pasan a ser de uso "persoal e intransferible", e para iso nada mellor que organizarnos por mesas e ter un encargado en cada unha delas que reparta e supervise á hora de recoller.
Os encargados/as de mesa desfrutarán do seu cargo durante unha semana completa! Ao mesmo tempo, seguiremos nomeando encargado do día, que manterá os privilexios adxudicados en cursos anteriores: poñer os calendarios, ir de primeiro/a na fila, ser o axudante da profe, levar algo (sorpresa!) para casa, ...
Deixámosvos o cartel dos encargados de mesa tal e como está hoxe. Qué vos parece?
19.9.12
Estades preparados?
Xa estamos xuntos de novo, e xuntos viaxaremos ao longo deste último curso na etapa de infantil. Estade ben atentos, que o tempo pasa...
voando.
3.9.12
Benvid@s de novo!!!
Polo cole estamos de volta, preparando xa todo para o comenzo do curso escolar.
O vindeiro luns día 10 de setembro, de 10 a 13 h., podedes achegarnos os libros, se é que xa os tedes, nunha bolsa co nome escrito por fóra.
O listado de material entregarémovolo ese mesmo día ou, se non nos vemos, o mércores 12, data de comezo das clases.
Ata entón,
desfrutade da semana !!!
22.6.12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




