BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

20.9.11

Canto medramos!


Rematou o tempo do verán e coa volta ao cole decatámonos do moito que medraron os nosos rapaces. Estamos na clase de catro anos, e iso nótase moito: cando o narís vai cheo, imos polo pano; se temos sede, bebemos e continuamos coa actividade; se hai ganas de ir ao baño, avisamos e xa está;  cando acabamos de merendar, pasamos polo espello para comprobar que a cara está limpa; e antes de ir ao patio preguntamos ou miramos pola ventá para saber se fará falta ou non levar chaqueta. E todo iso sen esperar a que a profe o diga, que xa somos maiores e sabémonos coidar.

E na casa?  Como vai esa autonomía?

12.9.11

De novo no cole

Pois xa pasou o primeiro día de cole logo das vacacións; foi un día de nervios, reencontros, mochilas novas, clase nova, profes novas, e a seguridade que nos da regresar a un entorno que xa coñecemos, xunto co orgullo de sentirnos "un ano máis grandes". Somos maiores, estamos na clase de catro anos e agora son outros os peques que chegan por vez primeira ao cole e ocupan a que foi a nosa aula o curso pasado.

 
Dí a profe que Colorines prestoulle un tubo máxico polo que podía ver a todos os nenos e nenas durante as vacacións; algunha nena xa o sabía. Agora o tubo máxico non funciona porque xa estamos de volta, pero a profe gárdao  para cando o precise.                                                                                

Benvidos a tod@s!!!

22.6.11

Colorines, a profe e toda a panda vos desexan un feliz verán

Moitísimas grazas a todos os que ao longo deste curso seguistes este espazo, e grazas tamén polos vosos comentarios. Unha aperta para os papis e mamis da miña panda (e, por suposto, tamén para as avoas e algún que outro avó). Vémonos de novo en Setembro. Bo verán.



Que comemos hoxe?

Lembrades as receitas que hai algún tempo vos pedimos? Con todas elas elaboramos un práctico recetario de cociña que podedes curiosear a continuación.  Mmm!



Open publication - Free publishing - More cocina

E unha vez máis... moitas grazas por colaborar!

17.6.11

Contacontos Kalandraka


Hoxe recibimos a visita de Patricia e Álex, que viñeron contarnos uns contos moi divertidos relacionados co mundo do circo. Eran contos con música, acompañados polo son do acordeón, a frauta de émbolo, e outros máis que Álex traía na súa maleta musical. Mesmo tiñan un megáfono coma o que utilizan os animadores de circo para chamar á xente cando comeza o espectáculo!






Eiquí tendes os contos que escoitamos: "A familia C", "Mago Goma", "Pancho" e "A viaxe de Pancho".