Dí a profe que Colorines prestoulle un tubo máxico polo que podía ver a todos os nenos e nenas durante as vacacións; algunha nena xa o sabía. Agora o tubo máxico non funciona porque xa estamos de volta, pero a profe gárdao para cando o precise.
12.9.11
De novo no cole
Pois xa pasou o primeiro día de cole logo das vacacións; foi un día de nervios, reencontros, mochilas novas, clase nova, profes novas, e a seguridade que nos da regresar a un entorno que xa coñecemos, xunto co orgullo de sentirnos "un ano máis grandes". Somos maiores, estamos na clase de catro anos e agora son outros os peques que chegan por vez primeira ao cole e ocupan a que foi a nosa aula o curso pasado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Pero qué tubo máis ben feitiño e qué idea inxeniosa! Es unha especialista! Agora xa teño boa réplica cando Elisa pregunte polo burato que a miras. Gracias!
O certo é que a idea foi vosa. Eu acordeime da caixa de maxia borrás que teño na casa, e do tubo máxico que hai nela. O resto é botarlle teatro; había bastantes caras preocupadas cando o amosei... por que sería???
Publicar un comentario