BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

29.10.10

E chegou o SAMAÍN ...





...E mais de un se asustou ao escoitar falar de pantasmas e de bruxas, aínda a pesares de saber que estabamos xogando. Logo de ver o conto da cabaciña ("corre, corre, cabaciña, OQO editores) acordamos facer cada un de nós a nosa propia cabaza, e velahí o resultado... non vos asustedes!









28.10.10

Pouquiño a pouco...

Pois fai xa mais de mes e medio que comezamos este novo curso, e son moitas as cousas que fixemos. Ademáis de xogar, estamos xa afeitos ás novas rutinas escolares (entrada en fila, tempo de lectura, asamblea, tempo de traballo, merenda, recreo, xogos,..., hora do conto, recollida), coñecemos outros espazos da escola diferentes da nosa aula (ximnasio, biblioteca, aula de informática), experimentamos con distintas técnicas plásticas (picamos, espenicamos papeis ,pegamos adhesivos, pintamos coas mans ou cos dedos, probamos lápices, ceras brandas e duras, rotulas...), e xa somos quen de facer as nosas primeiras obras de arte!

Que vos parecen estes autorretratos?







22.9.10

E comezamos de novo...

Hai apenas uns días que comezou o novo curso escolar, e xa estamos coñecendo caras novas e descubrindo un novo entorno que dentro de pouco hanos resultar moi familiar.
Polo de agora o noso tempo na escola adicámolo a explorar os espazos, a coñecer a novos nenos e nenas, e a algún que outro mestre, a afacernos ás novas rutinas escolares,... e algúns a ser quen de quedar no cole sen chorar, que aínda que semelle unha tontería, non é tarea fácil cando son tantas as novidades.
Para pasar mellor o tempo, que vos parece se xogamos...?






22.6.10

E chegou o verán !!!


Rematamos a nosa etapa en Infantil, e á volta comezaremos na Primaria. Despedímonos da profe, e prometemos vir de visita polas aulas de Infantil de cando en vez.

Bo verán a todos!

19.5.10

Os Maios

Os nenos e nenas de Infantil realizamos un maio de flores de papel; flores

moi especiais, xa que cada unha delas contén unha

 fermosa palabra galega escollida de entre aquelas que todos vós enviastes á

escola días atrás. Temos así flores que falan de volvoretas e

xoaniñas, de arcos da vella e papaventos, de bicos que as

nais dan aos seus fillos, de morriña, e moitas cousas máis. Grazas a

todos polas vosas aportacións.