Hai apenas uns días que comezou o novo curso escolar, e xa estamos coñecendo caras novas e descubrindo un novo entorno que dentro de pouco hanos resultar moi familiar.
Polo de agora o noso tempo na escola adicámolo a explorar os espazos, a coñecer a novos nenos e nenas, e a algún que outro mestre, a afacernos ás novas rutinas escolares,... e algúns a ser quen de quedar no cole sen chorar, que aínda que semelle unha tontería, non é tarea fácil cando son tantas as novidades.
Para pasar mellor o tempo, que vos parece se xogamos...?
No hay comentarios:
Publicar un comentario