BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

25.1.13

Laboratorio de Formas


Temos na biblio unha pequena exposición de figuras de Sargadelos que Bulebule reuníu para que poidamos desfrutar dunha mostra do resultado do traballo do señor Isaac Díaz Pardo. Neste trimestre probaremos a ser Creadores de Formas, así que xa comenzamos a practicar o oficio. Confiamos en que pronto crearemos as nosas propias obras de arte.




22.1.13

Gústanos a sopa de letras!


Non falamos da sopa para comer, non, falamos do pasatempo. Estamos aprendendo a resolver pasatempos con letras, xa que cáseque lemos coma os maiores... así que últimamente andamos entre as cruzadas e as sopas de letras. De primeiras parecía algo moi difícil, pero coma sempre, todo é poñerse, non desanimarse e volver a intentalo, e así, aos poucos, resolvemos cousas tan difíciles coma a da foto. Cada sopa de letras resolta merece un gran aplauso de todos os compis, e un premio adhesivo para casa. Aquí temos a Manuela, que foi a primeira en recibir os parabéns de todos nos.


21.12.12

Felices Festas!


Bo Nadal!...





... e feliz ano 2013!


Postal elaborada por Mauro

Nadal 2012

Hoxe foi un día diferente: 

Comezamos a mañá facendo un debuxo para os RRMM, que viñeron ao cole a facernos a súa visita habitual de todos os anos. Con moitos nervios e cara de bós, fomos á biblio, falamos con eles e fixemos unha foto de recordo, logo de entregarlles os nosos debuxos e darlles as grazas polos caramelos que nos deron.




Á volta, e logo dun longo recreo de fin de trimestre, voltamos á clase para desfrutar da "Merendola de Nadal". Comimos, bailamos, charlamos, e rematamos cunha sesión de panxoliñas seguida de actuacións varias a cargo dos nosos compis, que nos ofreceron dende cancións diversas ata demostracións de ballet, chistes e incluso exhibicións de capoeira, modalidade que parece ter moito éxito entre os nosos chicos.




Patricia e Lucía, as 
profes de prácticas, despedíronse hoxe de nós. Ímolas botar moito de menos; a ver se se animan e veñen facernos unha visita antes de que remate o curso. Onte trouxéronnos caramelos!  Moitas grazas!




 E non debemos esquecer que onte tamén recibimos un premio, correspondente ao concurso de postais do cole. Mauro e Isaac foron os nosos representantes na entrega de premios que tivo lugar na biblio. Conseguimos un par de libros e un boli moi chulo que será destinado para uso exclusivo do neno/a a quen lle toque ser encargado cada día.



Damos pois por iniciadas as festas do nadal!



17.12.12

Mochila viaxeira





A semana pasada a mochila viaxeira viaxou á casa de Miguel, e cal foi a nosa sorpresa ao descobrir que á súa volta traía con ela a unha nova amiguiña: esta xoaniña tan ben feitiña que fixeron Miguel e o seu irmán maior. Será amiga da nosa xoaniña Juanita? Quen sabe!

Moitísimas grazas, David, eres un artista ...
 
...e o regalo encantounos!

Un bico enorme!