Moitas grazas, chicas! Voltade sempre que queirades!
8.6.12
Unha agradable visita
Moitas grazas, chicas! Voltade sempre que queirades!
5.6.12
Contacontos!
Vaia sorpresa tivemos hoxe!

Foi un conto moi divertido e pasámolo moi ben.
30.5.12
Os efectos da contaminación
Lembrades o conto do Merlo Rieiro, que nos invitaba a dar un paseo polo río?
Nunha das súas páxinas fálanos da contaminación das augas, e iso é o que fixemos hoxe.
Enchemos un barreño con auga limpa (e patiño de goma incluído) e botámoslle os restos das nosas merendas, a ver que pasaba. Estabamos seguros de que a auga íase ensuciar, e o noso parrulo habería ter problemas para sobrevivir na súa improvisada lagoa, pero non imaxinabamos que orixinaríamos tanta basura.
Os comentarios: "Puaaagh!", "qué asco!", "pobre patito!"24.5.12
O río Mandeo
![]() |
| Ata outro día, Vero! |
Pasámolo moi ben con ela.
23.5.12
Os bits de intelixencia
Hai uns días unha nai comentoume que lle sorprendeu que o seu fillo identificase a raza á que pertencía un can co que se cruzaron pola rúa, e entón decateime de que nunca falamos acerca dos "bits de intelixencia".
Todos os días, unha vez que o encargado/a actualiza os calendarios, e antes de comenzar a falar de temas varios na nosa "asamblea diaria", facemos un pase de bits, algo que sempre gusta moito.
Normalmente vemos tres bloques deles; cada semana collemos un bloque novo e deixamos de pasar o máis antigo, así que todos os luns temos bits novos.
Polo xeral, o primeiro día de pase parámonos a falar de cada un dos bits, comentando algo sobre eles e sobre a categoría á que pertencen (aves, planetas, razas de cans, ...). Logo comenza o pase: a profe ensina durante un par de segundos cada unha das imaxes ao tempo que dí o seu nome, e todos repiten o nome antes de que apareza a seguinte imaxe.
Nas dúas semanas seguintes serán os nenos/as quenes dirán o nome antes de que o diga a profe, e así prestamos máis atención, xa que a todos nos gusta acertar á primeira.
Tratamos de que os bloques sexan de dificultade variada; non é o mesmo identificar e recordar nomes de científicos que de instrumentos musicais, ainda que cada vez poñémolo máis difícil.
Poida que o seguinte documento vos aclare algo máis o tema:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)