Todos os días, unha vez que o encargado/a actualiza os calendarios, e antes de comenzar a falar de temas varios na nosa "asamblea diaria", facemos un pase de bits, algo que sempre gusta moito.
Normalmente vemos tres bloques deles; cada semana collemos un bloque novo e deixamos de pasar o máis antigo, así que todos os luns temos bits novos.
Polo xeral, o primeiro día de pase parámonos a falar de cada un dos bits, comentando algo sobre eles e sobre a categoría á que pertencen (aves, planetas, razas de cans, ...). Logo comenza o pase: a profe ensina durante un par de segundos cada unha das imaxes ao tempo que dí o seu nome, e todos repiten o nome antes de que apareza a seguinte imaxe.
Nas dúas semanas seguintes serán os nenos/as quenes dirán o nome antes de que o diga a profe, e así prestamos máis atención, xa que a todos nos gusta acertar á primeira.
Tratamos de que os bloques sexan de dificultade variada; non é o mesmo identificar e recordar nomes de científicos que de instrumentos musicais, ainda que cada vez poñémolo máis difícil.
Poida que o seguinte documento vos aclare algo máis o tema:
2 comentarios:
Ahh, agora entendo todo... Rui falábame dos "bis" dos cans, dos científicos... e ven sempre decindo os nomes novos que aprendeu: Curie, Arquímedes, Galileo Galilei...
Resulta moi curioso o moito que desfrutan con esta actividade. Sempre a collen con ganas, e se, por algún motivo, un día non vemos os bits, enseguida mo botan en cara.
Publicar un comentario