Hoxe recibimos a visita da Verónica, que veu falarnos acerca dos ríos, en xeral, e sobre o río Mandeo, en particular. Contounos como é a vida preto do río, onde nace e como baixan as súas augas cara o mar, e presentounos ao Merlo Rieiro, que vive onda o río e ten moitos amigos. Pasámolo moi ben con ela.
Hai uns días unha nai comentoume que lle sorprendeu que o seu fillo identificase a raza á que pertencía un can co que se cruzaron pola rúa, e entón decateime de que nunca falamos acerca dos "bits de intelixencia".
Todos os días, unha vez que o encargado/a actualiza os calendarios, e antes de comenzar a falar de temas varios na nosa "asamblea diaria", facemos un pase de bits, algo que sempre gusta moito.
Normalmente vemos tres bloques deles; cada semana collemos un bloque novo e deixamos de pasar o máis antigo, así que todos os luns temos bits novos.
Polo xeral, o primeiro día de pase parámonos a falar de cada un dos bits, comentando algo sobre eles e sobre a categoría á que pertencen (aves, planetas, razas de cans, ...). Logo comenza o pase: a profe ensina durante un par de segundos cada unha das imaxes ao tempo que dí o seu nome, e todos repiten o nome antes de que apareza a seguinte imaxe. Nas dúas semanas seguintes serán os nenos/as quenes dirán o nome antes de que o diga a profe, e así prestamos máis atención, xa que a todos nos gusta acertar á primeira.
Tratamos de que os bloques sexan de dificultade variada; non é o mesmo identificar e recordar nomes de científicos que de instrumentos musicais, ainda que cada vez poñémolo máis difícil.
Poida que o seguinte documento vos aclare algo máis o tema:
Para celebrar o Día das Letras Galegas, e como xa ven sendo habitual no noso cole, nada mellor que unha divertida xornada de xogos tradicionais entre amigos.
E sobre Valentín Paz Andrade, deixámosvos unha simpática canción que atopamos na rede.
Hoxe reflexionamos un pouquiño acerca deste concepto. Evidentemente pensar é "pensar con el cerebro", "que está dentro de la cabeza". Así que, emulando ao "Pensador" de Rodin, puxémonos en situación e pensamos nalgo, cadaquén no que se lle ocurríu. E resultou que "pensar" é divertido (para cáseque todos/as, que hai opinións para todos os gustos).