21.3.12
Día da árbore
20.3.12
Van chegando as cartas!
Contabamos con que tardarían un día máis, pero parece que as cartas tiñan présa por chegar aos seus destiños. Déixovos eiquí o "epistolario" completo.
Cartas aos amigos
View more presentations from PiliR.
19.3.12
Cartas da amizade
13.3.12
A nosa colección de botóns
A nosa colección de botóns vai tomando forma. Aínda non os contamos, pero temos xa uns cantos grazas á vosa colaboración. Temos botóns grandes e pequenos, con e sen buratos, divertidos, bonitos, curiosos e incluso algunha parella de botóns xemelgos. Gústanos moito velos coa lupa. Xa vos contaremos máis.
5.3.12
" El león que no sabía escribir "
![]() |
| MARTIN BALTSCHEIT. Lóguez Ediciones |
Todo comenzou con este conto que Bulebule nos trouxo da biblioteca. O león non sabía escribir, pero isto a él non lle importaba, pois podía ruxir e ensinar os dentes e non precisaba de máis. Pero un día deu cunha leona ...
... e entón ocurríusenos a idea; igual que o león quería escribirlle cousas bonitas á leona, tamén nós escribiremos cousas bonitas aos nosos compis. Unha vez feitas as cartas, haberá que estar pendentes do noso buzón de correos, que algunha seguro ha chegar.
E falando de todo un pouco, saíu o tema das coleccións, porque os selos de correos pódense coleccionar, pero tamén hai na clase quen colecciona cunchas da praia, tazos de gormitis, locomotoras, e seguro que algunha cousa máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

