MARTIN BALTSCHEIT. Lóguez Ediciones |
Todo comenzou con este conto que Bulebule nos trouxo da biblioteca. O león non sabía escribir, pero isto a él non lle importaba, pois podía ruxir e ensinar os dentes e non precisaba de máis. Pero un día deu cunha leona ...
... e entón ocurríusenos a idea; igual que o león quería escribirlle cousas bonitas á leona, tamén nós escribiremos cousas bonitas aos nosos compis. Unha vez feitas as cartas, haberá que estar pendentes do noso buzón de correos, que algunha seguro ha chegar.
E falando de todo un pouco, saíu o tema das coleccións, porque os selos de correos pódense coleccionar, pero tamén hai na clase quen colecciona cunchas da praia, tazos de gormitis, locomotoras, e seguro que algunha cousa máis.
1 comentario:
Gustounos moito o libro "El león que no sabía escribir".
Rui díxonos que el xa sabía máis letras que o león do conto pero non tantas como sabía a leona.
Eu máis Xaquin díxemoslle que nun par de anos sabría ler tan ben como a leona e escribir cartas con todas as letras. Iso gustoulle moito.
Publicar un comentario