BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

20.3.12

Van chegando as cartas!

Contabamos con que tardarían un día máis, pero parece que as cartas tiñan présa por chegar aos seus destiños. Déixovos eiquí o "epistolario" completo. 



19.3.12

Cartas da amizade








As cartas van de camiño! Prestade atención aos vosos buzóns, que dentro dun par de días haberá correspondencia!

13.3.12

A nosa colección de botóns


A nosa colección de botóns vai tomando forma. Aínda non os contamos, pero temos xa uns cantos grazas á vosa colaboración. Temos botóns grandes e pequenos, con e sen buratos, divertidos, bonitos, curiosos e incluso algunha parella de botóns xemelgos. Gústanos moito velos coa lupa. Xa vos contaremos máis.




5.3.12

" El león que no sabía escribir "

MARTIN BALTSCHEIT. Lóguez Ediciones


Todo comenzou con este conto que Bulebule nos trouxo da biblioteca. O león non sabía escribir, pero isto a él non lle importaba, pois podía ruxir e ensinar os dentes e non precisaba de máis. Pero un día deu cunha leona ...


... e entón ocurríusenos a idea; igual que o león quería escribirlle cousas bonitas á leona, tamén nós escribiremos cousas bonitas aos nosos compis. Unha vez feitas as cartas, haberá que estar pendentes do noso buzón de correos, que algunha seguro ha chegar.







E falando de todo un pouco, saíu o tema das coleccións, porque os selos de correos pódense coleccionar, pero tamén hai na clase quen colecciona cunchas da praia, tazos de gormitis, locomotoras, e seguro que algunha cousa máis.

25.2.12

Concerto didáctico



Rematou o entroido, e logo de falar un pouquiño sobre o "enterro da sardiña", damos por rematadas estas divertidas festas e centrámonos noutras actividades.



O vindeiro martes 28 temos programada, dende a aula de música, unha saída ao Palacio da Ópera da Coruña, para asistir a un concerto didáctico sobre a obra "Ma´Mere l´oye" de Maurice Ravel. 


Déixovos o enlace do blog da aula de música "SOANLLAS" onde poderedes atopar información sobre o mesmo.