BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

10.10.11

Para María

Comezamos a semana cunha boa nova. María xa está aquí, e con ela aumentamos o clube dos irmáns maiores da clase de colorines.
Moitas felicidades á súa familia, e os nosos mellores desexos para ela!



7.10.11

Coller ben o lapis: Misión imposible?


Non sempre resulta doado conseguir que os nenos/as collan ben o lapis, pero con paciencia  probablemente o lograrán. Os casos máis difíciles que temos na clase de Colorines van polo bo camiño, e como proba, o "modelo" da foto; aínda hai que mellorar, pero xa queda menos.



Algúns exercicios que nos poden axudar na casa:
  • Facer anaquiños de diferentes tipos de papeis.
  • Retorcer cordas, cordeis, papeis, ...
  • Facer bolas grandes con papel de periódico ou similar.
  • Abrir e pechar tapóns de rosca.
  • Xogos de atornillar e desatornillar.
  • Modelar con plastilina.
  • Xogos de "pinchitos" ensartables.
  • Ensartar abalorios.
  • Abotoar e desabotoar.
  • Mondar cos dedos algunhas froitas (mandarinas, plátanos, ...)
  • Desmenuzar miga de pan.
  • Facer sonidos cos dedos repenicando sobre a mesa.
  • ...

3.10.11

"El lobo Rodrigo"


Hoxe tivemos sesión de títeres; a compañía arxentina  "El Abrojito" ofreceunos unha versión moi singular do tradicional conto da carapuchiña.

20.9.11

Canto medramos!


Rematou o tempo do verán e coa volta ao cole decatámonos do moito que medraron os nosos rapaces. Estamos na clase de catro anos, e iso nótase moito: cando o narís vai cheo, imos polo pano; se temos sede, bebemos e continuamos coa actividade; se hai ganas de ir ao baño, avisamos e xa está;  cando acabamos de merendar, pasamos polo espello para comprobar que a cara está limpa; e antes de ir ao patio preguntamos ou miramos pola ventá para saber se fará falta ou non levar chaqueta. E todo iso sen esperar a que a profe o diga, que xa somos maiores e sabémonos coidar.

E na casa?  Como vai esa autonomía?

12.9.11

De novo no cole

Pois xa pasou o primeiro día de cole logo das vacacións; foi un día de nervios, reencontros, mochilas novas, clase nova, profes novas, e a seguridade que nos da regresar a un entorno que xa coñecemos, xunto co orgullo de sentirnos "un ano máis grandes". Somos maiores, estamos na clase de catro anos e agora son outros os peques que chegan por vez primeira ao cole e ocupan a que foi a nosa aula o curso pasado.

 
Dí a profe que Colorines prestoulle un tubo máxico polo que podía ver a todos os nenos e nenas durante as vacacións; algunha nena xa o sabía. Agora o tubo máxico non funciona porque xa estamos de volta, pero a profe gárdao  para cando o precise.                                                                                

Benvidos a tod@s!!!