BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

22.9.10

E comezamos de novo...

Hai apenas uns días que comezou o novo curso escolar, e xa estamos coñecendo caras novas e descubrindo un novo entorno que dentro de pouco hanos resultar moi familiar.
Polo de agora o noso tempo na escola adicámolo a explorar os espazos, a coñecer a novos nenos e nenas, e a algún que outro mestre, a afacernos ás novas rutinas escolares,... e algúns a ser quen de quedar no cole sen chorar, que aínda que semelle unha tontería, non é tarea fácil cando son tantas as novidades.
Para pasar mellor o tempo, que vos parece se xogamos...?






22.6.10

E chegou o verán !!!


Rematamos a nosa etapa en Infantil, e á volta comezaremos na Primaria. Despedímonos da profe, e prometemos vir de visita polas aulas de Infantil de cando en vez.

Bo verán a todos!

19.5.10

Os Maios

Os nenos e nenas de Infantil realizamos un maio de flores de papel; flores

moi especiais, xa que cada unha delas contén unha

 fermosa palabra galega escollida de entre aquelas que todos vós enviastes á

escola días atrás. Temos así flores que falan de volvoretas e

xoaniñas, de arcos da vella e papaventos, de bicos que as

nais dan aos seus fillos, de morriña, e moitas cousas máis. Grazas a

todos polas vosas aportacións.



17.5.10

Día das Letras Galegas

Mural elaborado polo alumnado de 5 anos A e B

Ven a noite polos eidos,
vaise a tarde que nin xeme,
decindo adeus con un xeito
que nin sei nin se me esquece.
                                        Uxío Novoneyra



26.4.10

Teatro interxeracional

O pasado mércores 21 de abril o grupo de teatro Vilaboa, ofreceunos unha divertida representación titulada "o noso merliño".
Pasámolo moi ben, seguindo as desventuras do merlo branco, e os seus esforzos por averiguar quen era de verdade.

VV