Rematou o tempo do verán e coa volta ao cole decatámonos do moito que medraron os nosos rapaces. Estamos na clase de catro anos, e iso nótase moito: cando o narís vai cheo, imos polo pano; se temos sede, bebemos e continuamos coa actividade; se hai ganas de ir ao baño, avisamos e xa está; cando acabamos de merendar, pasamos polo espello para comprobar que a cara está limpa; e antes de ir ao patio preguntamos ou miramos pola ventá para saber se fará falta ou non levar chaqueta. E todo iso sen esperar a que a profe o diga, que xa somos maiores e sabémonos coidar.
E na casa? Como vai esa autonomía?
2 comentarios:
A verdade é que sí que se nota que son máis maiores: conta moitas cousas máis do que pasa en clase, xa empeza a responsabilizarse das súas cousas, lémbrase que "mamá ten que meter a merenda na mochila" (espero que o seguinte paso sexa que a meta el).
En fin, que comezamos un curso máis cheos de ilusión e moitas, moitas ganas de aprender. Iso que na primeira semana díxome que xa estaba ben de cole, que el quería estar outra vez de vacacións...
... e que a primeira semana sempre resulta dura, e máis cando coincide completa, como este curso.
O peor xa o pasamos :)
Publicar un comentario