31.3.11
Del monte en la ladera...
Pois por fin baixamos á horta. O martes pasado non puidemos ir porque chovía, así que aproveitamos hoxe, que lucía o sol. Manexamos un pouquiño o sacho para mezclar a terra e facer os buracos, e colocamos as plantiñas que tiñamos preparadas. Queredes saber que é o que plantamos? Mirade na foto...
30.3.11
A de hoxe sí que foi unha sorpresa. Celebrábase a
terceira mostra de teatro a cargo do grupo de maiores de Culleredo, e nós sen decatarnos. Non o pensamos mais e alá fomos, ata o conservatorio, onde nos agardaba unha divertida obra de teatro, "o atasco", na que vimos como o homiño verde do semáforo marchaba a pasar un día de praia namentras que os peóns agardaban pola súa volta para poder cruzar a rúa.
Vaia lío que se formou...
29.3.11
Sorpresa na biblio!
O Gran Marioneto |
Mario Tomás |
Hoxe fomos á biblio a ver que pasaba por alí, e atopámonos có Gran Marioneto, un curioso personaxe con moita imaxinación que nos contou un par de divertidas historias, e presentounos ao seu amigo o parrulo avoíño. Rimos moito con eles dous, e pasámolo moi ben escoitando os seus contos. Ata outro día, Marioneto!
24.3.11
Unha historia de piratas
Hai algún tempo BULEBULE, a mascota da nosa biblioteca, organizou un concurso en busca de HISTORIAS DE AVENTURAS NO MAR. Nós puxémonos a pensar, e entre todos inventamos unha historia acerca do que lle aconteceu a un pirata que navegaba polos sete mares. A ver se vos gusta.
22.3.11
18.3.11
Escribindo os nomes
Hoxe propóñovos un xogo:
Cantos nomes sodes capaces de descifrar? Recoñecedes o do voso fillo/a? Quen é o que falta?
Cantos nomes sodes capaces de descifrar? Recoñecedes o do voso fillo/a? Quen é o que falta?
14.3.11
A asamblea do día
Todos os días, logo do noso "tempo de lectura", xuntámonos nun recanto da aula para actualizar os calendarios e organizar a que vai ser a nosa actividade para a xornada.É un tempo que adicamos a falar de moitas cousas: do que imos facer hoxe, do que fixemos onte, da ferida que fixemos no parque, de que vimos a un compi no hiper, de que vai vir o avó a buscarnos, de porqué hoxe estamos tristes...
Ás veces toca escoitar á profe, e ás veces non escoitamos nada porque estamos demasiado distraídos con quen sabe qué. Hai quen estaría a falar todo o rato, se poidera, e hai quen prefire pasar desapercibido e non contar nada se non lle preguntan, pero ao final todos acabamos contando cousas.
Agora que o curso vai avanzado e estamos afeitos a respectar os turnos de palabra comezan a aparecer as conversas entre compañeiros/as, e a profe ten que intervir cada vez menos. Eles pregúntanse cousas, opinan, responden... e enlazan con vivencias propias relacionadas có tema do que estamos a falar. E a profe escoita, e sorrí.

10.3.11
Cambios de sitio
Dende o comenzo do curso a profe nos cambia de cando en vez de mesas, para que nos poidamos coñecer mellor e nos relacionemos con todos os nosos compañeiros de clase. Co último cambio de sitio cambiamos tamén a maneira de organizalo, e agora somos nós quen decidimos ónde sentar. A profe colle todas as fotos e, por orde, escollemos mesa, sempre e cando quede algún sitio libre nela. Hoxe houbo cambios e, a primeira en escoller foi... a encargada!
4.3.11
Desfile de entroido
Eiquí estamos, un tanto desconcertados ante o noso primeiro desfile de entroido no cole de maiores! Logo de tantos días falando do tema, por fin chegou o momento. Un pouquiño antes de saír apremian os nervios, os medos e a impaciencia. A profe dí que vai ser moi divertido, pero hai quen non está moi convencido. A ver que pasa.
Moitas grazas a todos os que botaron unha man durante o desfile, e en especial ás catro mamás "afortunadas" que axudaron e se disfrazaron con nós.
Biquiños dos pingüíns de Culleredo. |
3.3.11
2.3.11
E dixo o noso Antroido:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)