BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

16.5.13

Letras Galegas 2013


Hoxe foi un día chuvioso, así que tivemos que aprazar as actividades que estaban previstas para esta xornada, pero non por iso deixamos de adicar a semana a conmemorar as Letras Galegas.







 Unha homenaxe a 

Roberto Vidal Bolaño,

















 unha sesión de cine en galego, 












e a elaboración do noso xa tradicional maio foron as nosas aportacións. 




Vos convidamos a visitar o mural que está exposto na entrada principal do cole... 


a cantos "Robertos" recoñecedes???


8.5.13

A noite estrelada III

Estabamos pendentes de realizar unha última montaxe co noso cadro xigante de Van Gogh; a versión de  primavera; desta vez non buscamos cores cálidas ou frías, senón que escollimos as cores alegres das flores para realizar... a noite estrelada máis divertida de todas! Gústavos?  




Se os queredes ver e comparar, hai xa días que os tres cadros están expostos no corredor de Infantil. Nos non sabemos por cal decantarnos, hai opinións para todos os gustos.


30.4.13

Creadores de formas





Continuando co noso proxecto de achegamento á figura de Isaac Díaz Pardo, o pasado trimestre andivemos a practicar o oficio da cerámica e convertímonos en creadores de formas. Inspirándonos  nos deseños de Isaac e de Luis Seoane, puxémonos mans á obra, e creamos as nosas propias obras de arte. Podedes visitar a exposición situada xunto á entrada da biblioteca cando queirades. 

Agardamos que vos guste!



24.4.13

Coco


Por fin! Chegou o día de coñecer a Coco! E non nos defraudou! É un can moi tranquilo; acompañounos todo o tempo, namentras as súas coidadoras nos contaban a súa historia e nos recordaban como debemos coidar dos cans; e logo, deixouse acariñar por todos nós. Parécenos que esto é o que máis lle gustou; en canto sentíu as primeiras caricias tumbouse e deixouse facer coma se estivese a durmir. 




Deunos moita pena ter que marchar, pero non nos quedou outra...



Adeus,Coco! gustounos moito a túa visita! Volverás???

23.4.13

23 de Abril: Día do Libro

Con motivo da celebración do Día do Libro, hoxe tivo lugar no cole o noso primeiro cruzamento de libros. Todos aqueles nenos/as que aportaron algún libro para esta actividade puideron coller outro a cambio. Na clase de colorines foron moitos os participantes. Agardamos que desfrutedes das vosas novas lecturas.




E como recordo desta xornada, cada un de nos levou para casa un marcapáxinas deseñado cos debuxos gañadores do concurso de marcapáxinas organizado por Bulebule. Dous finalistas de cada aula optaron a ser os elixidos.  Noraboa a Alan e a Lola, que foron os seleccionados pola nosa aula, e noraboa tamén aos gañadores. Todos os debuxos eran ben bonitos.