5.2.13
"O orixe das especies"
Non sabemos moi ben como, pero durante o tempo de diálogo, e falando acerca dos romanos, xurdíu o tema da evolución da especie humana!!!
Un dixo que o home, antes de ser coma agora, era un mono que logo foise poñendo de pé, e o outro dixo que antes de todo iso, os humanos eran peixes, que logo foron monos e logo humanos.
E ahí nos vedes a todos os demais, sorprendidos por estas revelacións e decidindo a quen darlle a razón. Hai quen pensou que todo era unha broma, pero o tema deunos algo novo en que pensar.
Entroido'13 II
A degustación fíxose no ximnasio, e alí, a modo de decoración, atopamos as carautas que tan misteriosamente desapareceran onte do noso pasillo de infantil. Védelas, non sí?
E para rematar unha xornada tan especial, a última hora recibimos a visita dos chicos e chicas maiores (de 6º) que viñeron lernos o pregón do noso entroido e dicirnos o mandado do Meco para mañán. Non o esquezades, vestidos coma Hippies, con símbolos de Amor e Paz.
4.2.13
Entroido'13
Da inicio a semana do entroido no cole, e para comezar temos xa expostos os alimentos que serán sorteados o vindeiro venres logo do desfile escolar.
Hoxe foi o día das carautas. Estas son as presentadas na nosa clase, pero se vos fixades ben seguro que botades en falta máis de unha. Haberá que ir buscalas á exposición das finalistas... algunha delas ha de levar premio... non vos perdades a próxima entrega !!!
30.1.13
Día da Paz
As Cores da Paz, simbolizadas polo arco da vella, foron o motivo central da nosa celebración do
Día da Paz deste ano 2013.
Grazas a todos por contribuir na creación deste arco da vella tan especial.
E grazas tamén aos chicos e chicas de terceiro que viñeron recitarnos un bonito poema de Antonio García Teijeiro
| Grazas chic@s! Encántanos recibir as vosas visitas! |
Pombiña que escribes
co peteiro paz,
debuxa no ceo
as algas do mar.
Escribe un poema
cos versos de sal
e cóntalle ó vento
historias do val.
Pombiña que escribes
co peteiro pa z.
Rebule algareira
aquí no pombal.
Antonio García Teijeiro
29.1.13
Expobuxaina
Para os que non puideron achegarse polo cole para ver a exposición de buxainas, aquí vos deixamos unha mostra da mesma. Sorprende ver a cantidade de ideas diferentes que poden xurdir a partires dun obxecto tan sinxelo de forma como pode ser unha buxaina. Unha vez máis, grazas polo voso tempo e adicación.
![]() |
| Creacións presentadas na nosa clase |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






