Temos un novo amiguiño. Coñeceuno Colorines cando foi explorar o espazo (tanto falamos dos planetas que lle entrou a curiosidade). Chámase Wokie pode falar, así que Colorines invitouno a coñecernos, e Woki dí qué pasará por aquí de cando en vez, a ver como nos vai. Se queredes coñecelo, mirade no lateral. Ten unha mensaxe para todos vós.
Hoxe celebramos o día da árbore, e como xa ven sendo habitual, plantamos unha árbore na escola. Esta ano tocounos unha oliveira, así que alá fomos, todo Infantil, a plantar a arboriña. Aproveitamos a ocasión para transplantar un carballo que durmía, esquecido, baixo as hortensias, e que seguro que agora vai medrar mellor nesta nova ubicación.