BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

22.6.11

Colorines, a profe e toda a panda vos desexan un feliz verán

Moitísimas grazas a todos os que ao longo deste curso seguistes este espazo, e grazas tamén polos vosos comentarios. Unha aperta para os papis e mamis da miña panda (e, por suposto, tamén para as avoas e algún que outro avó). Vémonos de novo en Setembro. Bo verán.



Que comemos hoxe?

Lembrades as receitas que hai algún tempo vos pedimos? Con todas elas elaboramos un práctico recetario de cociña que podedes curiosear a continuación.  Mmm!



Open publication - Free publishing - More cocina

E unha vez máis... moitas grazas por colaborar!

17.6.11

Contacontos Kalandraka


Hoxe recibimos a visita de Patricia e Álex, que viñeron contarnos uns contos moi divertidos relacionados co mundo do circo. Eran contos con música, acompañados polo son do acordeón, a frauta de émbolo, e outros máis que Álex traía na súa maleta musical. Mesmo tiñan un megáfono coma o que utilizan os animadores de circo para chamar á xente cando comeza o espectáculo!






Eiquí tendes os contos que escoitamos: "A familia C", "Mago Goma", "Pancho" e "A viaxe de Pancho".

15.6.11

Onde van as fresas?


Onte fixemos a nosa última visita deste curso á horta escolar; quedaban por recoller as fresas, ainda que sabiamos que non haberiamos atopar ningunha; en todo este tempo non vimos madurar máis ca unha fresa, e as poucas que saían desaparecían, non sabemos moi ben cómo nin por qué !!! Como aínda quedaba un pouco de perexil, recollímolo, e o equipo que prantou as fresas puido levar un pouquiño para casa, e non quedar coas mans baleiras.