31.5.11
26.5.11
A que sabe a lúa?
Hoxe comenza a última ronda de encargados/as deste curso, e Colorines ofrécenos un bonito libro coa lúa como protagonista. Confiamos en que vos guste.
25.5.11
Da horta ao prato
Apetecevos probar?
Recortamos!
Nestes días andivemos a probar coas tesoiras, que levan todo o curso aburridas dentro dunha caixiña no alto dun moble. Para empezar, recortamos libremente papel charol, e así a profe puido ver o ben que o facemos e axudarnos a coller correctamente as tesoiras. Parece doado, pero ten o seu aquel.

As tesoiras deben ser manipuladas correctamente, poñendo o polgar no orificio superior, o medio no inferior e o índice como apoio debaixo da tesoira. Como os dediños dos nosos nenos/as son pequenos, podemos deixarlles usar o índice e o dedo medio xuntos no burato de abaixo.

13.5.11
Letras Galegas 2011
Hoxe celebramos as Letras Galegas na escola, e, coma tódolos anos, desfrutamos dunha xornada de xogos tradicionais no patio. Foi moi divertido, e moi canso tamén. Grazas por todas as frases tan bonitas que enviastes; pronto poderedes velas formando parte do mural de Infantil.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)