BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

1.4.11

Van Gogh

          


Coa primavera tocoulle o turno a Van Gogh. É tan amplia a súa obra que houbo que seleccionar, e a profe decidiu amosar cadros de paisaxes, árbores floridas e ramos de flores, ainda que tamén desfrutamos, na pantalla grande, da presentación musical que vos ofrecemos a continuación. Esperamos que vos guste.

31.3.11

Del monte en la ladera...




 Pois por fin baixamos á horta. O martes pasado non puidemos ir porque chovía, así que aproveitamos hoxe, que lucía o sol. Manexamos un pouquiño o sacho para mezclar a terra e facer os buracos, e colocamos as plantiñas que tiñamos preparadas. Queredes saber que é o que plantamos?     Mirade na foto...

30.3.11





A de hoxe sí que foi unha sorpresa. Celebrábase a
terceira mostra de teatro a cargo do grupo de maiores de Culleredo, e nós sen decatarnos. Non o pensamos mais e alá fomos, ata o conservatorio, onde nos agardaba unha divertida obra de teatro, "o atasco", na que vimos como o homiño verde do semáforo marchaba a pasar un día de praia namentras que os peóns agardaban pola súa volta para poder cruzar a rúa.
Vaia lío que se formou...

29.3.11

Sorpresa na biblio!


O Gran Marioneto

Mario Tomás

Hoxe fomos á biblio a ver que pasaba por alí, e atopámonos có Gran Marioneto, un curioso personaxe con moita imaxinación que nos contou un par de divertidas historias, e presentounos ao seu amigo o parrulo avoíño. Rimos moito con eles dous, e pasámolo moi ben escoitando os seus contos. Ata outro día, Marioneto!

24.3.11

Unha historia de piratas

Hai algún tempo BULEBULE, a mascota da nosa biblioteca, organizou un concurso en busca de HISTORIAS DE AVENTURAS NO MAR. Nós puxémonos a pensar, e entre todos inventamos unha historia acerca do que lle aconteceu a un pirata que navegaba polos sete mares. A ver se vos gusta.