BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

30.4.13

Creadores de formas





Continuando co noso proxecto de achegamento á figura de Isaac Díaz Pardo, o pasado trimestre andivemos a practicar o oficio da cerámica e convertímonos en creadores de formas. Inspirándonos  nos deseños de Isaac e de Luis Seoane, puxémonos mans á obra, e creamos as nosas propias obras de arte. Podedes visitar a exposición situada xunto á entrada da biblioteca cando queirades. 

Agardamos que vos guste!



24.4.13

Coco


Por fin! Chegou o día de coñecer a Coco! E non nos defraudou! É un can moi tranquilo; acompañounos todo o tempo, namentras as súas coidadoras nos contaban a súa historia e nos recordaban como debemos coidar dos cans; e logo, deixouse acariñar por todos nós. Parécenos que esto é o que máis lle gustou; en canto sentíu as primeiras caricias tumbouse e deixouse facer coma se estivese a durmir. 




Deunos moita pena ter que marchar, pero non nos quedou outra...



Adeus,Coco! gustounos moito a túa visita! Volverás???

23.4.13

23 de Abril: Día do Libro

Con motivo da celebración do Día do Libro, hoxe tivo lugar no cole o noso primeiro cruzamento de libros. Todos aqueles nenos/as que aportaron algún libro para esta actividade puideron coller outro a cambio. Na clase de colorines foron moitos os participantes. Agardamos que desfrutedes das vosas novas lecturas.




E como recordo desta xornada, cada un de nos levou para casa un marcapáxinas deseñado cos debuxos gañadores do concurso de marcapáxinas organizado por Bulebule. Dous finalistas de cada aula optaron a ser os elixidos.  Noraboa a Alan e a Lola, que foron os seleccionados pola nosa aula, e noraboa tamén aos gañadores. Todos os debuxos eran ben bonitos.



22.4.13

Concurso de xoias



O curso pasado, por estas alturas, recibimos a noticia de que Pablo fora un dos premiados no concurso "unha xoia para a túa nai", organizada polo colexio oficial de xoiería de Galicia, así que este ano animámonos a participar todos. 

Con axuda da profe Silvia elaboramos os nosos deseños e...
unha das finalistas deste ano é a nosa compi Elisa. Na foto vémola coa carta que recibíu, na que se lle comunica a boa nova. Noraboa, Eli! Non é doado ser finalista... veremos que ocurre cós premios finais.




20.4.13

Little Red Riding Hood

Vos sabedes que é o que falan a Carapuchiña Vermella e mais o Lobo Feroz cando se atopan nos contos ingleses? Escoitade con atención:






Lobo: "Where are you going now, Little Red Riding Hood?

Carapuchiña: "I´m going to Grandma´s house! I´m walking in the wood!"