BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

16.4.13

Un periscopio!


Onte Manuela sorprendeunos con este periscopio que fixo na súa casa coa axuda do seu pai. Vímolo, collémolo, probámolo, pero non entendiamos moito o que pasaba, así que hoxe xogamos a un xogo para comprobar se efectivamente servía para ver alí onde a nosa vista non chegaba. Enriba do altillo da clase a profe colocou dous obxectos misteriosos que non podiamos ver dende a nosa altura. O reto consistía en descobrir de que se trataba usando o periscopio e, por suposto, gardando o segredo para que os compañeiros o averiguasen por si mesmos... que sería?

Grazas, Manuela! Encantounos o "invento"

14.4.13

Tío Lobo


Este venres os nosos amigos de 5º contáronnos a historia de  Carmela e  Tío Lobo. Moito nos gusta este conto! Había tempo que non o escoitabamos e, coma sempre, non nos defraudou.  
Gústannos moito as vosas historias! Grazas chicos!
 Deixámosvos o vídeo que temos na nosa sección de contos, por se non vos lembrades da historia...




10.4.13

Contacontos


Hoxe Bulebule tíñanos reservada unha sorpresa! Un contacontos na biblio! Escoitamos unha divertida historia acerca de Linda, unha vaca moi especial, e as súas andanzas pola granxa na que vive. O título do conto: "Linda á espreita". Encantounos!!!




5.4.13

A noticia do día

Xa cáseque rematamos esta ronda de encargados/as, e son moitas (e todas elas moi interesantes) as noticias que fomos recopilando ata o momento. Noutra entrada falaremos delas, pero o que agora queremos comentar é que a noticia de hoxe sí que foi impactante. Logo de que a nosa reporteira do día lese o titular analizamos a noticia, tal e como facemos con todas. Tras unha explicación adaptada á nosa idade (os que mandan en Corea do Norte están enfadados cós que mandan en Estados Unidos e dixeron que si se enfadan máis vanlles lanzar unha bomba) saltaron as alarmas:



-"Pues xxx vive en Estados Unidos!!!" (cara de susto)
-"Non te preocupes, que seguro que o din para asustar"
-"Y si lanzan una bomba de verdad?"
-"Non creo, pero se o fan seguro que a lanzan nun monte onde non vive ninguén"
-"Y si están los cazadores en el monte porque fueron a cazar?"
-"Antes se aseguran de que non haxa ninguén"
-"Y los animales?"
-"Eso xa non o sei, supoño que escaparán ao sentir o ruido da bomba"
-"Y si se equivocan y apuntan mal y nos cae encima?"
-"Non ho!, que o comproban con satélites e non se poden equivocar!"
-"Y si cae en el mar?"
-"Pois estoupa e provoca unha onda moi grande"
-"Entonces se nos inundan las casas!"
-"Non, que non estamos pegados ao mar"
-"Y los peces? Y si le cae encima a un tiburón?"
-"Pois pobre tiburón...!"
...

Unha vez plantexadas todas as dúbidas aplicamos a estratexia do despiste:

-"A que non sabedes que nova técnica de debuxo imos practicar hoxe? Hoxe imos pintar con gomas de borrar!"

-"Con gomas?" "Imposible!" "Son para borrar, no para pintar!" "Qué dices, Pili!!?" 

E o tema das bombas quedou esquecido ;)

3.4.13



   Lobo Feroz! Ese é o título do conto que hoxe nos contaron os nosos amigos de 5º. Dín que érase unha vez un lobo tan vago que, por non se esforzar, non comía máis ca papas de arroz. Un día mirouse ao espello e, véndose demasiado fraco,  acordou convertirse nun Lobo Feroz... 

Podedes atopar o vídeo na nosa sección de "Contos Musicados"



Moitas grazas, chicos! Encantounos o conto!