BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

3.5.12

Xogamos a Pensar


Recibimos nova carta de Juanita!


Desta volta deixounos un xogo de adiviñar, e para rematar, o conto dos ratiños cegos!!!


Pasámolo moi ben tentando averiguar de que se trataba o Algo Moi Raro, e ao final acertamos e todo!



Que sería ese Algo Moi Raro que atoparon os ratiños?









que tal o pasamos xogando con Juanita?






"Sete Ratos Cegos". Ed Young





2.5.12

Unha de premios

Temos novas que celebrar!


O noso Pablo participou, animado pola profe Sabela, nun concurso de deseño de xoias organizado polo colexio oficial de xoiaría de Galicia, e ...

gañou o terceiro premio da súa categoría.

A pasada semana desprazouse ata Santiago de Compostela onde participou na entrega de premios e recibíu o seu agasallo: a xoia que él mesmo deseñou. Mirádea que bonita.

Broche elaborado co deseño de Pablo
Deseño orixinal de Pablo





Entrega de premios

Noraboa Pablo, eres todo un artista!

Déixovos eiquí o enlace para que vexades os outros deseños merecedores de premio.


25.4.12

Xogar a pensar




Hoxe recibimos unha carta misteriosa, asinada por unha xoaniña que dí ser amiga de Colorines. Na súa carta fálanos dun conto acerca duns ratiños de cores que eran cegos, pero quedamos sen saber que lles pasou ao final, ainda que dí que volverá onda nós outro día. (Que ninguén nos descubra o final, por favor !!!)








Iniciamos así un novo tempo no noso día a día, o tempo de Xogar a Pensar, que adicaremos a traballar as chamadas "habilidades de pensamento" coa axuda de Juanita, unha xoaniña moi especial que a través dos xogos, os contos , a arte e o diálogo axudaranos a mellorar a nosa capacidade de pensar, de razonar, de dialogar e, sobre todo, favorecerá en nós o desenrolo do pensamento creativo.


A ela adicamos unha sección fixa neste espazo web:


"El rincón de Juanita",


 onde poderedes atopar información acerca deste proxecto, e onde irán aparecendo os diferentes elementos motivadores que empregaremos nas nosas sesións de "filosofía para nenos/as". 
Mirade no pé do blog, e alí o atoparedes.
 Saúdos.


18.4.12

Teatro interxeracional


Un ano máis recibimos a visita do grupo de teatro de maiores de Culleredo, que desta volta ofreceunos unha entretida historia acaecida alá polos tempos do Rei Pupú. Se coñecedes o conto do Anano Saltarín  vos podedes imaxinar que é o que pasou hoxe coa princesa e o seu bebé. Menos mal que estabamos todos moi atentos e fomos quen de adiviñar o nome do duende ...


"Nos tempos do Rei Pupú"

16.4.12

Para Ian

Temos boas novas! Xa naceu Ian, e a él e a súa familia adicámoslle hoxe unha nana.
Noraboa, e moitas felicidades!