BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

25.4.12

Xogar a pensar




Hoxe recibimos unha carta misteriosa, asinada por unha xoaniña que dí ser amiga de Colorines. Na súa carta fálanos dun conto acerca duns ratiños de cores que eran cegos, pero quedamos sen saber que lles pasou ao final, ainda que dí que volverá onda nós outro día. (Que ninguén nos descubra o final, por favor !!!)








Iniciamos así un novo tempo no noso día a día, o tempo de Xogar a Pensar, que adicaremos a traballar as chamadas "habilidades de pensamento" coa axuda de Juanita, unha xoaniña moi especial que a través dos xogos, os contos , a arte e o diálogo axudaranos a mellorar a nosa capacidade de pensar, de razonar, de dialogar e, sobre todo, favorecerá en nós o desenrolo do pensamento creativo.


A ela adicamos unha sección fixa neste espazo web:


"El rincón de Juanita",


 onde poderedes atopar información acerca deste proxecto, e onde irán aparecendo os diferentes elementos motivadores que empregaremos nas nosas sesións de "filosofía para nenos/as". 
Mirade no pé do blog, e alí o atoparedes.
 Saúdos.


18.4.12

Teatro interxeracional


Un ano máis recibimos a visita do grupo de teatro de maiores de Culleredo, que desta volta ofreceunos unha entretida historia acaecida alá polos tempos do Rei Pupú. Se coñecedes o conto do Anano Saltarín  vos podedes imaxinar que é o que pasou hoxe coa princesa e o seu bebé. Menos mal que estabamos todos moi atentos e fomos quen de adiviñar o nome do duende ...


"Nos tempos do Rei Pupú"

16.4.12

Para Ian

Temos boas novas! Xa naceu Ian, e a él e a súa familia adicámoslle hoxe unha nana.
Noraboa, e moitas felicidades!




29.3.12

Exame !!!

Onte houbo exame!. Tratábase de debuxar unha figura humana. As consignas:

  • O folio debe estar en posición vertical.
  • Debuxamos só con lápiz.
  • Hai que facer a unha persoa, a que nós queiramos, pero somentes unha.



Mirade que ben o fixeron!







22.3.12

Woki

Temos un novo amiguiño. Coñeceuno Colorines cando foi explorar o espazo (tanto falamos dos planetas que lle entrou a curiosidade). Chámase Woki e pode falar, así que Colorines invitouno a coñecernos, e Woki dí qué pasará por aquí de cando en vez, a ver como nos vai. Se queredes coñecelo, mirade no lateral. Ten unha mensaxe para todos vós.