BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

17.2.12

Especial Entroido

Rematamos a semana do entroido escolar, unha das máis divertidas do curso. Foron tantas as cousas que aconteceron nestes últimos días que imos por partes: (preparádevos, que o post é longo)



OS MANDADOS DO MECO




1º "Fachendoso, como ves,
 e un chisco irreverente,
prégolle a toda esta xente
 vista unha prenda ao revés"








2º "Este Meco fachendoso e burgués
proponnos enérxica i amablemente
que poñamos en cada un dos pés
un zapato coa cor diferente"











3º "Como Meco supremo vos digo:
rebuscade no voso desván
roupa vella de inverno ou verán
e poñédea para semellar un mendigo"
 











CONCURSO DE CARAUTAS




Premio para Ariadna, pola orixinalidade da súa carouta. Eiquí a vedes recibindo o seu diploma e unha rica medalla de ouro chocolateado. Noraboa!


DEGUSTACIÓN DE POSTRES TÍPICOS DESTAS DATAS



Estaba todo boísimo.



GRAN DESFILE DO ENTROIDO!!!






Directos dende a Polinesia, os nenos/as de catro anos vos desexan que pasedes un feliz e moi divertido entroido. 

Unha vez máis, grazas a todos/as pola vosa colaboración nas diferentes actividades propostas e , por suposto, moitísimas grazas ás mamás que nos axudaron na dificil tarefa de vestirnos e organizarnos nunha festa tan tola coma a de hoxe.

Estaremos de volta o xoves. Ata entón, pasádeo ben!


30.1.12

Día da Paz








                                          


Os nenos e nenas de catro anos pedimos ... que ningún neno do mundo pelexe!!!



                                  


27.1.12

Coma os grandes artistas...



Ahí estamos! preparados para descubrir os segredos que esconde o museo. Dixo a profe que nel hai cadros e esculturas... será certo?


O profe do museo, José, levounos polas diferentes salas; aprendimos que cando nos fixamos ben nos cadros podemos ver neles moitas cousas; que hai cadros grandes e pequenos, algún son máis vellos ca os nosos pais, e todos eles están pintados sobre lienzos, con pinceis que collen as cores dun "redondo" que teñen os pintores e que se chama "paleta".


Vimos tamén cadros que nos contan unha historia (neste caso do pintor Luis Seoane), e outro cadro con catro caras que pintou o señor Isaac Díaz Pardo, que da nome ao noso cole.


Aprendimos ademáis a posar para que nos fagan un retrato, moi quedos e poñendo caras interesantes.


... E tamén descubrimos unha gran escultura, a do xigante, que é moi grande, moi forte, cuns pés enormes, cara de enfadado e voz de xigante. Está feito de madeira, e José ensinounos como son as ferramentas que utilizou o escultor para esculpilo: o cincel e mailo martelo.















12.1.12

Para Sabela

Coa chegada do novo ano recibimos tamén a Sabela, e a ela adicámoslle o seguinte tema. 
Benvida e noraboa á súa familia!


9.1.12

Novo enlace de xogos



Navegando por blogs amigos (neste caso " La ilusión de aprender 2") colorines atopou un novo enlace moi entretido para xogar un ratiño na casa. Non tendes mais que escoller o proxecto según a idade e picar na carpeta de actividades TIC. Esperamos que vos gusten.






E para os que tedes bebés na casa, non deixedes de visitar a proposta didáctica para 0 anos, que trae información moi completa acerca do desenrolo no primeiro ano de vida dos peques.

Atoparedes o enlace na columna da esquerda, no apartado de xogos, baixo o nome da súa editorial"casals"