- As setas venenosas disfrázanse, polo que hai que coñecelas moi ben para que non nos enganen.
- Non se collen por arriba; cóllense por abaixo.
- Despois métense nun bote. Non se comen, que nos poñen malitos da barriga.
14.10.11
Cogumelos...
Hoxe descobrimos cousas novas acerca das setas gracias a Mario, que resultou ser todo un experto no tema. Falando do outono saíu o tema dos cogumelos, do que Mario sabía algunhas cousas, así que foi él quen nos explicou que:
11.10.11
Propóñovos un xogo...
... para os pais/nais:
Tendes ahí vintecatro manciñas traballadoras; a ver se descobrides cal é a do voso fillo/a. Para facelo máis difícil, remangámonos todos; o que non puidemos facer foi quitar a tirita, así que hai alguén que o vai ter fácil.
Ánimo!!!
Tendes ahí vintecatro manciñas traballadoras; a ver se descobrides cal é a do voso fillo/a. Para facelo máis difícil, remangámonos todos; o que non puidemos facer foi quitar a tirita, así que hai alguén que o vai ter fácil.
Ánimo!!!
10.10.11
Para María
Comezamos a semana cunha boa nova. María xa está aquí, e con ela aumentamos o clube dos irmáns maiores da clase de colorines.
Moitas felicidades á súa familia, e os nosos mellores desexos para ela!
Moitas felicidades á súa familia, e os nosos mellores desexos para ela!
7.10.11
Coller ben o lapis: Misión imposible?
Non sempre resulta doado conseguir que os nenos/as collan ben o lapis, pero con paciencia probablemente o lograrán. Os casos máis difíciles que temos na clase de Colorines van polo bo camiño, e como proba, o "modelo" da foto; aínda hai que mellorar, pero xa queda menos.
Algúns exercicios que nos poden axudar na casa:
- Facer anaquiños de diferentes tipos de papeis.
- Retorcer cordas, cordeis, papeis, ...
- Facer bolas grandes con papel de periódico ou similar.
- Abrir e pechar tapóns de rosca.
- Xogos de atornillar e desatornillar.
- Modelar con plastilina.
- Xogos de "pinchitos" ensartables.
- Ensartar abalorios.
- Abotoar e desabotoar.
- Mondar cos dedos algunhas froitas (mandarinas, plátanos, ...)
- Desmenuzar miga de pan.
- Facer sonidos cos dedos repenicando sobre a mesa.
- ...
3.10.11
"El lobo Rodrigo"
Hoxe tivemos sesión de títeres; a compañía arxentina "El Abrojito" ofreceunos unha versión moi singular do tradicional conto da carapuchiña.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

