BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

7.6.11

Cebolas, cebolas e máis cebolas!

 Hoxe, na horta, tocou recolectar cebolas. Había bastantes, ainda que cáseque todas pequenas; viríalles ben un pouco máis de tempo na terra, pero a nós o tempo se nos acaba, así que recollímolas de todos modos. Non quedan máis que as fresas; se cadra, a próxima semana iremos a por elas.


6.6.11

Teatro na biblio

Hoxe houbo sorpresa na biblio! Fomos alí, coma cáseque todos os luns, e atopámonos cos maiores de 4ºB que agardaban por nós preparados para representarnos un par de historias moi graciosas coas que rimos moito: "A ratiña presumida" e "Pinocho".  Fixéronno moi ben e quedamos con ganas de máis, e por suposto,recibiron un gran aplauso de todos nós.  

3.6.11

Debuxamos a mamá

Non podía ser doutro modo! No mes de maio tocou debuxar a mamá e, ao igual que pasou con papá, poñer os vosos nomes resultou bastante fácil tamén nesta ocasión. Ahí estades, con moito cariño de parte dos vosos fillos/as.






2.6.11

Sorolla

Falta pouco para o verán, e pareceunos que  unha boa proposta de achegamento á arte podería ser unha selección de cadros deste gran retratista coñecido, sobre todo,  polo seu tratamento da luz e da cor. Todas as obras desta selección amosan escenas de praias, probablemente da costa valenciana, pero se estades atentos atoparedes un cadro pintado en Galicia. A ver se descubrides cal é. Se cadra, os vosos fillos/as saberán darvos algunha pista.
                                          
                                   




1.6.11

El vuelo del moscardón

 


Programa "El conciertazo"