BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

9.12.10



Esta é a nosa pequena plantación. Bulbos de tulipán nos briks e castañas nos vasiños. Coidaremos deles ata que comecen a saír os brotes, alá polo mes de febreiro.

30.11.10

Receita de outono: marmelo


 Onte as profes ensináronnos cómo se fai o marmelo. Hai que ter as mans moi limpas, e pór moito coidado ao cortar a froita e traballar co robot de cociña. O máis saboroso... o azucre.

Hoxe poidemos probar o marmelo. A cáseque todos gustounos moito, así que repetimos bocado, que un só sabía a pouco.
Bó proveito.

29.11.10

Para Marina, Raquel, Brais e Elena.

E por fin, xa naceron os catro bebés polos que estabamos agardando! Dámoslles a benvida a todos eles, e a noraboa ás súas familias.

20.11.10

As nosas primeiras escrituras

Xa somos quen de escribir (a nosa maneira) algunhas palabras que a profe nos deixa copiar. Eiquí tendes un exemplo de como son as nosas primeiras letras; pouquiño a pouco habemos de melloralas para que se asemellen máis ás que facedes os adultos; tan só é cuestión de darnos tempo...

11.11.10

Mmm!

Quen será o gañador/a?


Tartas presentadas polo alumnado de 3 anos A e B.