BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

28.2.13

Contacontos!





Hoxe tivemos unha nova sorpresa! Un grupo de nenas de 5º viñeron contarnos un conto moi divertido que fala doutra nena que ten que tomar a sopa... pero a sopa queima, e haberá que facer algo para enfriala.

Fixéronno moi ben, e gustounos moito. Volvede cando queirades, que estaremos encantados de escoitar as vosas historias!
Graciñas polo conto! Encantounos!

25.2.13

Homenaxe a Rosalía


Hoxe fomos convidados á biblioteca para participar nunha homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento, e da conmemoración dos 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos". Os nenos/as de 6º recitáronnos algúns dos seus poemas, e logo, en clase, vimos en vídeo diferentes versións de dous dos máis coñecidos: "adiós ríos, adiós fontes" e " airiños, aires".


Deixámosvos as versións que máis nos gustaron.





24.2.13

Taller de escritura


O venres adicamos un ratiño do noso tempo a escribir contos... calquera conto, cadaquén o seu. Tratábase de poñer a proba a nosa capacidade para escribir libremente, sen axuda.  

Déixovos unha mostra deles, a ver se vos gustan.










8.2.13

Para Guillermo

Esta semana naceu un novo irmanciño na Clase de Colorines. Dámoslle a benvida, e a noraboa á súa familia.

Entroido IV


Co pasarrúas de hoxe damos por rematada a semana do entroido no cole. Nos pasámolo moi ben, e confiamos en que todos vós desfrutárades tamén deste día de troula escolar. Estaremos de volta o xoves; ata entón,

que o pasedes ben!



Moitas grazas a todos pola vosa colaboración, e en especial  aos nosos acompañantes no desfile.

7.2.13

Concurso de caroutas



E durante o tempo de recreo tivo lugar, na nosa biblioteca, a entrega de premios do concurso de caroutas. Nesta ocasión unha das premiadas foi a creación de Mario, un sorrinte Doraemon que levou o 

premio á carouta máis animada

Noraboa Mario!

Entroido III

Eiquí nos tendes; facendo caso das ordes do Meco e vestidos ao estilo Hippie, pasamos unha mañán moi divertida...














... e hoxe festa novamente; desta vez difrazados ao noso gusto. Houbo de todo...


...futbolistas...

...fadas e princesas...


...servizos públicos...


...personaxes fantásticos...


...e personaxes populares!



5.2.13

"O orixe das especies"



Non sabemos moi ben como, pero durante o tempo de diálogo, e falando acerca dos romanos, xurdíu o tema da evolución da especie humana!!!

Un dixo que o home, antes de ser coma agora, era un mono que logo foise poñendo de pé, e o outro dixo que antes de todo iso, os humanos eran peixes, que logo foron monos e logo humanos.

E ahí nos vedes a todos os demais, sorprendidos por estas revelacións e decidindo a quen darlle a razón. Hai quen pensou que todo era unha broma, pero o tema deunos algo novo en que pensar. 

Entroido'13 II





Hoxe tivo lugar a tradicional xornada de degustación de productos típicos do Entroido. Había para todos os gustos, e todo estaba boísimo.





A degustación fíxose no ximnasio, e alí, a modo de decoración, atopamos as carautas que tan misteriosamente desapareceran onte do noso pasillo de infantil. Védelas, non sí?




 E para rematar unha xornada tan especial, a última hora recibimos a visita dos chicos e chicas maiores (de 6º) que viñeron lernos o pregón do noso entroido e dicirnos o mandado do Meco para mañán. Non o esquezades, vestidos coma Hippies, con símbolos de Amor e Paz.

4.2.13

Entroido'13




Da inicio a semana do entroido no cole, e para comezar temos xa expostos os alimentos que serán sorteados o vindeiro venres logo do desfile escolar.

Hoxe foi o día das carautas. Estas son as presentadas na nosa clase, pero se vos fixades ben seguro que botades en falta máis de unha. Haberá que ir buscalas á exposición das finalistas... algunha delas ha de levar premio...  non vos perdades a próxima entrega !!!