BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

28.11.12

Semana de actividades...


Vaia semana que levamos, e todavía estamos a mércores...!

O luns pasámolo moi ben cos contos que nos proxectaron no CGAI. Coincidimos con nenos e nenas doutro cole, e vimos cinco curtos de animación que nos gustaron moito. No enlace do CGAI podedes ver a referencia da proxección, e na páxina de 5 anos A ( mi aula de infantil ) atoparedes algúns dos vídeos que vimos. Grazas Loida!



O martes adicámolo a pintar CDs cunha centrifugadora de leituga! A idea foi da profe Loida, e gustounos tanto que nos puxemos mans á obra coa axuda da profe Patri.

 Mirade que chulos!


E... para que queremos CDs pintados?

Pois para facer buxainas como as que nos ensinou hoxe, mércores, o profe Luis. Son buxainas que debuxan soas, e con elas e a axuda dos profes Luis, Silvia e Patri hoxe practicamos o "deporte da buxainopintura"... 

divertisimo



E nada máis rematar, fomos á aula de informática onde nos agardaba outra sorpresa! Unha charla sobre educación vial na que recordamos cómo debemos comportamos na rúa e aprendimos algunha cousiña nova que non sabiamos. 








Grazas Carmen, volve cando queiras!









Ahh!, e estade atentos á prensa, que durante a charla veu un fotógrafo e tomou un par de fotos para publicar no xornal.

23.11.12

Os amigos de Tuyo



Agora que todos vos coñecedes persoalmente a Tuyo, podemos xa presentarvos aos seus amigos. Logo de darlles nome e facer as fotos correspondentes, estamos xa preparados para ensinarlles as nosas casas e facelos partícipes dos nosos xogos. 

Esperamos que desfrutedes moito con eles!





19.11.12

A Dragona Ramona



Mirade quen nos visitou hoxe! 

 Seguro que algúns de vós xa coñecedes á Dragona Ramona; pois hoxe veu visitarnos e contounos un conto de medo:

              o Papón.




Foi moi divertido; o conto era de medo pero nós pasámolo moi ben escoitando e axudando á dragona a contar a súa historia.

Ao rematar, despedíuse de nós porque ía a outro cole, a contarlle a outros nenos as aventuras dunha avoíña, as súas tres netas, e un Papón que todo o papaba...


Grazas, Dragona Ramona!

Volve cando queiras!

16.11.12

Magosto



Este ano houbo magosto con castañeiro!

As castañas estaban boísimas, e ainda que comemos moitas, souberon a pouco. 

E como nós tamén queremos ser castañeiros, aquí nos tedes, facéndonos pasar pola súa dona.

Boa fin de semana!










15.11.12

Isaac Díaz Pardo




Hoxe recibimos unha nova sorpresa de Bulebule.











Este curso adicarémolo a coñecer un pouquiño ao home que da nome ao noso cole, o señor Isaac Díaz Pardo, así que a nosa mascota da biblio amosounos unhas fotos para ensinarnos como era de pequeno e algunhas das cousas que fixo de maior.








Esto é o que aprendimos hoxe:




Seguro que pronto recibiremos máis noticias.

Grazas Bulebule!

8.11.12

Panadeiros por un día


Pero que ben o pasamos hoxe! Mira que é divertido  o oficio dos panadeiros!

Logo dunha pequena viaxe en autobús, que é algo que sempre nos gusta moito, fomos benvidos na panadería, onde agardaban por nós para que lles axudaramos a facer o pan do día. 

Alí traballamos moito, e se non o credes...  

mirade, mirade!





 Primeiro amasamos o pan.


Logo o pan foi ao forno, e namentras cocía aproveitamos para merendar!



E por último, collimos cadaquén o seu pan e despedímonos moi contentos polo ben que o pasamos.














Os nosos boliños todavía estaban quentes. 
Seguro que estaban boísimos, a que sí?

Bó proveito!

7.11.12

A noite estrelada

Hai uns días atopámonos cun puzzle misterioso...

eran diferentes pezas en folios brancos que tivemos que pintar coas cores do outono, pero non sabiamos que ía saír dalí, xa que era moi difícil averiguar de que debuxo se trataba.

As profes andiveron a remexer coas pezas, e hoxe, por fín, descobrimos o misterio. 

"É unha paisaxe... con lume?", "con moitos soles e unha lúa?", "e isas raias do ceo?". "Hai casas!"



Logo soubemos que se trata dun cadro que pintou Van Gogh, ese pintor do que xa falamos algunha que outra vez, pero o que el representou foi ...
a noite! 

"ahhh, eses non son sooles, son estreeelas!"


Falamos das cores frías e das cores cálidas, decatámonos de que non é lume, senón árbores o que vemos nun primeiro plano, e decidimos facer o puzzle de novo, pero a próxima vez usando cores frías, a ver que pasa.

E decidimos tamén poñernos mans á obra e pintar ao máis puro estilo impresionista, é dicir, coloreando directamente as formas, sen as debuxar con liñas primeiro. Non é tan doado como parece!


Mirade qué cadros tan bonitos saíron:


Podedes usar o cursor a modo de lupa para non perder detalle.